PolíticaÚltima horaVídeos

Os Independentes por Quiroga presentan o seu proxecto político nun vídeo

 

As liñas básicas do proxecto político que os Independentes por Quiroga defenden para este municipio de cara as vindeiras eleccións do 28M vén de presentarse nun vídeo, guiado polo candidato á alcaldía desta formación, José Luis Rivera. Así defenden “unha educación e unha xuventude con futuro” para o municipio, por “un urbanismo de calidade”, pola implantación de empresas e o emprendemento, por darlle un pulo aos sectores produtivos e por unha solución ao “problema da rede de abastecemento de auga” e por impulsar o aforro enerxético, así como por reformar o albergue municipal.

 

 

Ademais defenden un “deporte de referencia” con apoio a “todos os clubs” e actividades deportivas, aseguran que crearán unha Oficina do Cidadán para axudar á veciñanza á hora de realizar trámites e que levarán a cabo un plan de mantemento integral do mundo rural.

Inciden de xeito especial na cultura e no turismo “para poñer a Quiroga no mapa” e comprometen un “proxecto sólido, coherente e con rigor para facer unha Quiroga de futuro”.

Vídeo cedido.

Artigos relacionados

Back to top button