CulturaCulturaÚltima hora

Os lobos “toman” Lamalonga

Un dos garaxes desta localidade veiguesa énchese coas imaxes deste animal mítico do rural galego

“Lamalonga dos lobos país siniestro”. É o título dun mural que agora viste de cor e das figuras destes míticos animais un dos garaxes do pobo de Lamalonga (A Veiga). “O encargo era pintar un escudo con lobos pero o proxecto medrou e acabou con todas as paredes pintadas”, sinala Rosa, a propietaria do garaxe.

Ademais de lobos, tamén poden verse paisaxes de alta montaña e outros animais como cervos ou xabaríns. Estes coloristas, fermosos e orixinais murais son obra de Nuria Piedelobo Prieto de Meixide, localidade moi próxima a Lamalonga.

Fotos cedidas por Rosa Escuredo.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button