SanidadeÚltima hora

Os proxectos sanitarios ourensáns “Operación Esperanza” e “Pupas”, distinguidos nos Premios Afectivo-Efectivo

 

Dous proxectos da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras veñen de resultar premiados na edición 2021 dos Premios Afectivo-Efectivo, promovidos por Johnson & Johnson e Cátedras en Rede, e que nesta sétima edición, bateu un récord de participación con 535 inscricións recibidas e 352 proxectos aceptados procedentes de hospitais, asociacións de pacientes e institucións sanitarias de todo o país.

Os premios Afectivo-Efectivo promoven un modelo de transformación sanitaria centrado na persoa, humano, innovador e de gran impacto social, razón de ser das Cátedras en Rede, compostas por grupos multidisciplinares de investigadores e universidades que, desde diferentes perspectivas, abordan asuntos relacionados coa medicina e a atención sanitaria en España.

O xurado da VII Edición do Premios Afectivo Efectivo reuniuse o 20 de maio, de forma virtual, para fallar as candidaturas entre os finalistas de cada categoría, un fallo que se facía público ás 13.00 h. deste 15 de xuño durante a celebración da VII edición do Foro Premios Afectivo Efectivo, que este ano non contará con asistencia de premiados nin de público, pero onde os relatores si se reencontrarán nun espazo común que anticipa a esperada volta á normalidade para o próximo ano.

Nunha primeira fase de avaliación, as cinco cátedras españolas que conforman Cátedras en Rede avalían todos os proxectos que cumpren cos criterios das bases. Tras facerse as medias da primeira fase, os dez proxectos mellor puntuados de cada categoría pasa a unha segunda fase de avaliación, esta vez por parte dos membros do xurado, que se organizan en mesas diferentes por categoría, para evitar conflitos de interese cos proxectos finalistas.

Os proxectos finalistas ourensáns son ben coñecidos polos pacientes e usuarios da área sanitaria. Por unha banda está “Operación Esperanza”, que centralizou os esforzos do colectivo de profesionais da sanidade pública de Ourense por romper o illamento dos pacientes Covid19, procurando achegarlles o calor e os ánimos dos seus achegados e da propia comunidade. Esta iniciativa ganaba o primeiro premio da categoría

Pola outra, “Pupas, sustos e outros disgustos”, que é unha iniciativa de saúde comunitaria que busca empoderar aos nenos e nenas no coidado da súa saúde, axudándolles a perder o medo á enfermidade, aos sanitarios e neste caso ao coronavirus, ensinando dun xeito lúdico e perticipativo directamente nas escolas. Este proxecto conseguía o segundo premio desta edición.

Artigos relacionados

Back to top button