Moito se divertiron os alumnos do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras, no magosto celebrado na tarde do 18 de novembro. E non é para menos xa que ademais dunha contundente merenda a base de chourizos recén asados con pan, castañas e bica, pequenos e maiores aproveitaron a ocasión para coller tizóns e pintarse a cara uns a outros. Unha divertida tradición case perdida, que neste colexio se mantén ano tras ano.
Ademais de toda a comunidade educativa (alumnos, profesores, familiares,…) á celebración estaban tamén convidados os residentes da Residencia de Fátima.
Fotos: Mónica G. Bellver
18 de Novembro de 2019