En portadaÚltima hora

Ourense impulsa a súa atención primaria integrando os centros de saúde no tecido sociocomunitario e na comunidade

No que vai de 2024 organizáronse un total de 332 intervencións de saúde comunitaria nos servizos de atención primaria alcanzando a un total 5.900 persoas convertendo a Área de Ourense en referente desta liña asistencial na que prima “facer comunidade”

Unha das actividades de saúde escolar organizadas no Centro de Saúde do Barco./ Foto: A.R.

 

Uns 5.900 ourensáns de todas as idades participaban, no que vai de ano, nunha das 332 intervencións de saúde comunitaria organizadas polo persoal de atención primaria, para mellorar e manter a saúde, fomentar a prevención ou coidado da enfermidade nos barrios, concellos, colexios ou colectivos de pacientes de cada centro de saúde.

“A prevención e a promoción son piares básicos do noso sistema sanitario, empoderar os pacientes, facelos corresponsables das decisións que afectan á súa saude, traballar ca comunidade, sair das catro paredes dos centros de saude é, unha necesidade prioritaria”, explican dende a área sanitaria ourensá.

Dende os centros de saúde da Área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, lévase traballando anos nesta dirección, labor que se veu reforzado coa elaboración dos plans de saúde local, a posta en marcha da estratexia de saúde comunitaria, ou a incorporación de novas categorías profesionais como son as dietistas-nutricionistas.

Proba disto é que durante o pasado ano 2023 realizáronse 908 intervencións de saúde comunitaria (máis de 1.500 horas adicadas a saúde comunitaria), levadas a cabo por máis de 100 profesionais (enfermeiras, médicos, especialistas en enfermeria familiar e comunitaria, enfermeiras especialistas en pediatría e saúde mental, matronas, fisioterapeutas, hixienistas dentais, traballadoras sociales, nutricionistas, residentes, PSX, farmacéuticos, odontólogos, técnicos de raios…ca colaboración de alumnos de enfermería e outros profesionais como técnicos de emerxencias sanitarias) e nos que participaron 18.391 persoas de todas as idades, ainda que maoiritariamente nenos e mozos.

“Este altísimo volume de intervencións converten aos profesionais de Ourense en referentes nesta liña de traballo, e as iniciativas non deixan de crecer de ano en ano, refrendadas polos resultados en saúde, e pola propia satisfacción de participar de pacientes e profesionais, que procuran o tempo para sair do centro de saúde e traballar coa comunidade -nas necesidades de saúde detectadas en consulta- nun ambiente que favorece o intercambio de coñecementos e afianza a relación profesional-paciente”, resaltan dende a área sanitaria ourensá.

 

 

Estratexia de saúde comunitaria

A aprobacion da estratexia galega de saúde comunitaria no pasado xuño do 2023, co fin de reforzar as accións de promoción da saúde dende atención primaria contemplaba a creación de unha rede de referentes co fin de reforzar a estrutura organizativa da saúde comunitaria, nomeou a enfermeira Verónica Civeira como a referente de Área e a outros dezanove profesionais de enfermaría como referentes de saúde comunitaria das diferentes servizos de atención primaria da nosa área sanitaria.

Ademais de potenciar os proxectos de promoción da saúde, a estratexia galega está a promover a docencia e a investigación en atención primaria na saúde comunitaria, por parte dos profesionais de atención primaria e, especialmente, do persoal residente en formación. Estase a elaborar un protocolo para “prescrición” de activos comunitarios, a elaboración do programa galego de saúde escolar e o programa galego de prevención da fraxilidade.

Neste programa de saúde escolar a área sanitaria ourensá é un referente a nivel galego xa que leva varios anos traballando en colaboración cos colexios a través de distintos programas de educación para a saúde. Asemade o mes de agosto de 2023 púxose en marcha un programa de prevención da fraxilidade e dende entón, estanse levando a cabo cursos de formación dos profesionais, así como, o cribado e prevención en consulta e en viviendas comunitarias.

Ademais estanse a ofertar de xeito periódico multitude de obradoiros desde os centros de saúde. En Novembro puxéronse en marcha as escolas de saúde en todos os servizos de atención primaria da área, a través das mesmas ofértanse de forma programada, e con carácter trimestral, diversos obradoiros de educación para a saúde, baseados en necesidades detectadas por os profesionais ou percibidas por os propios pacientes, e que están abertos a toda a poboación.

 

 

Resumo de actividades de saúde comunitarias durante 2023:

SAÚDE ESCOLAR:

OBRADOIROS PRIMEIROS AUXILIOS (no 2023 impartironse 99 obradoiros en 45 centros, participando 1883 nenos/as mozos/as).

Infantil: “Matilda no cole”
Primaria: “Pupas, sustos e outros desgustos”
Secundaria: “A vida nas túas mans

NUTRICIÓN:

“Garavanciño come saniño” (154 talleres no 2023 en 54 centros educativos chegando a un total de 2669 nenos e nenas)
“Comendo cores” (63 colexios, nos que se realizaron 210 obradoiros chegando a 3.966 nenos)

HIXIENE BUCODENTAL:

“Mira que boca” (158 obradoiros durante o ano 2023 en 56 centros educativos, chegando a un total de 4.096 nen@s.).

EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL:

Primaria: “a revolución teenager; preparandonos para ser maiores”(16 obradoiros en 9 colexio nos que participaron 289 nenos/as)

Secundaria: “#QuerendonosBen” (no 2023 a intervención fíxose en 10 Centros cun total de 21 obradoiros nos que participaron 544 mozos/as)

HUMANIZACIÓN

“Achegando a primaria os nenos; coñece o teu centro de saúde” (no 2023 fixeron visitas o seu centro de saude aos nenos de infantil de 6 colexios, participando 170 nenos/as)

FRAXILIDADE, ENVELLECEMENTO ACTIVO E COIDADORES

“Cribado e prevención da fraxilidade” posto en marcha en Agosto ca oprobación do protocolo de cribado e atención a fraxilidade, e que ademáis da súa aplicación en consulta, se levou a cabo en 3 vivendas comunitarias en un total de 37 residentes.

Preto de ti: atención a cronicidade e soidade en Riós

A pílula máxica+camiñamos xuntos: microandainas e pilulas saudables en O Couto

Escola de persoas coidadoras, posta en marcha en decembro de este ano, consta deM 6 obradoiros, de 2 horas nos que se tratan temas como coidarse para coidar, alimentación, prevención de caidas e de UPP, medicación, prevención de lesions de costas no coidar, primeiros auxilios…

ESCOLAS DE SAÚDE

postas en marcha en novembro en todos os servizos de atención primaria, e que levaron a cabo mais de 100 obradoiros, abertos á poboación en xeral, nos que participaron máis de 1200 persoas, alguns temas tratados son:

Alimentación saudable, mitos e realidades
Seguridade alimentaria
Prato saúdable e menú equilibrados
Alimentación complementaria na infancia
Prevención de disfuncions de solo pelviano

Artigos relacionados

Back to top button