PolíticaÚltima hora

Percorrido de candidatos do PP por empresas valdeorresas do sector primario

Na mañá deste 3 de xullo os membros da candidatura do PP pola provincia de Ourense ás eleccións do 12X, José González (número 3) e Moisés Blanco (número 12) visitaban, acompañados por concelleiros populares da comarca, unha serie de empresas vinculadas ao sector agrario.

Así, comezaban o seu percorrido en Castañas Castanval, no polígono industrial de Vilamartín de Valdeorras, logo desprazábanse ata Viveros José López, no parque empresarial da Raña (O Barco), e finalmente, ían ata ás oficinas de Xagoaza Inversiones, tamén no municipio barquense.

 

 

 

“Levo unha mañá de campaña electoral moi agradable visitando empresas moi vinculadas ao sector primario en Valdeorras, e ademais ao que é tradicional é realmente tense que recuperar nesta zona, e acabamos agora en Cedie que é un compendio de todo iso porque é recuperación dunha planta industrial, pero ademais cun grupo que aposta por investir en cuestións relacionadas co sector primario e moi ligadas a Valdeorras como uva, resina e mesmo lousa, polo tanto encaixa perfectamente co que nós defendemos”, indicaba José González.

Ademais incidía en que o PP cre “firmemente no rural, nesa recuperación que se ten que facer nas partes do territorio que, por diferentes motivos, custou máis sacalas adiante, e agora temos que apostar con figuras tamén novidosas como as que van a vir a través da Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria de Galicia”.

 

 

Neste senso, o candidato popular indicaba que, tras as conversas mantida cos empresarios nesta visita, “vemos a posibilidade de recuperar moita terra dun val tan excepcional como é o de Valdeorras. E aquí non temos que inventar a pólvora, imos seguir poñendo uva pero tamén castaña e apoiando proxectos tan interesantes como pode ser aquí o da resina, que está en marcha”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button