OurenseÚltima hora

Persoas con discapacidade aprenderán boas prácticas alimentarias da man do Concello de Ourense

A Concellería de Sanidade do Concello de Ourense, organiza, entre mañá e o mañá, 9 de maio, e o mércores, 11 de maio, un curso sobre Manipulación de Alimentos dirixido a persoas con discapacidade no marco do programa “Boas prácticas alimentarias e prevención activa da obesidade”. Unha vintena de persoas pertencentes á asociación ADO de Ourense asistirán a esta cita que se levará a cabo na Aula de Cociña de Vasco da Ponte 1.

Ademais das clases prácticas, os alumnos deste curso visitarán a Praza de Abastos nº1 onde coñecerán, da man da especialista en nutrición que imparte o curso, aspectos nutricionais dos alimentos, principalmente peixes e froitas, para aprender a distinguir os produtos frescos e de tempada.

Este programa tamén ofrece recomendacións e apoio á cidadanía sobre como facer que os seus estilos de vida sexan máis saudables, desenvolvendo distintas accións destinadas a fomentar a dieta saudable e actividade física regular aos colectivos máis vulnerables a través dunha metodoloxía participativa e coa implicación de sectores profesionais relacionados coa saúde.

Nesta mesma liña, esta concellería tamén organiza unha nova edición do “Curso Hixiene e Seguridade alimentaria: Manipulación de alimentos”, que se celebrará o vindeiro 16 de maio na Aula Municipal de Cociña en horario de mañá e tarde, dirixido especialmente aos profesionais da hostalaría.

 

Cartel da iniciativa.

Artigos relacionados

Back to top button