ConcellosPetínÚltima hora

Petín celebra un exitoso magosto

 

Tralos meses que pasamos sen apenas saír e moito menos relacionarnos, hai ganas de volver á normalidade, ás xuntanzas e ás celebracións. E sen ir moi lonxe, unha mostra diso témolo en Petín onde na tarde deste  sábado 30 de outubro celebraban un exitoso magosto no patio cuberto da Casa da Cultura.

Organizado polo Concello de Petín en colaboración co Inorde, a merenda-festa incluía polo simbólico prezo de 1 euro, chourizo, pan, viño e castañas asadas. Tal como explica a propia alcaldesa, Raquel Bautista, tiñan preparados 350 chourizos que se acabaron unha hora despois de comezar. “Calculo que habería preto de 400 persoas”, di, asegurando contenta, que a convocatoria foi un éxito rotundo.

 

 

Ademais da capital do concello, cada pobo tivo o seu propio magosto ao longo da tarde: en Carballal, na Portela, en Freixido de Abaixo, en Mones e en San Paio.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button