
Tralo éxito da convocatoria do ano pasado, que contou con preto de 400 persoas, o Concello de Petín prepárase para celebrar unha nova edición do seu particular magosto.
Será o vindeiro luns 31 de outubro a partir das 20 horas no patio cuberto da Casa da Cultura e contará coa colaboración do Inorde.
Por 1 euro que custa a entrada, os asistentes poderán degustar chourizo con pan, viño e por suposto castañas asadas.