EconomíaEconomíaÚltima hora

Presentación do programa de REI de internacionalización, no Barco o 21 de novembro

Este obradoiro, dirixido ás empresas do sector agroalimentario, celebrarase o vindeiro martes no Centro de Formación de AEVA

O “Taller de Presentación do Programa REI: Revisión Estratéxica e Orientación cara a Internacionalización para as empresas agroalimentarias da eurorrexión (Galicia e Norte de Portugal)” impartirase no Barco o vindeiro martes 21 de novembre ás 18:00 horas. Será no Centro de Formación de AEVA (Praza Andrés de Prada, 2 – 1º).

Este programa vai específicamente ao sector agroalimentario e o seu obxectivo é “mellorar a estratexia e situación das empresas de cara á súa internacionalización, ademais de mellorar o seu posicionamento competitivo nos seus mercados”, tal e como se informa dende a organización.

A asistencia é gratuíta pero será necesario inscribirse na seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdD2t65DD9nwFg_KWodjNzw-qeKHBBCFEQ-sWqsGEik-nuBwA/viewform
Tamén se pode facer chamando ao teléfono 988 391 110 ou no correo electrónico europeos@ceo.es

Esa acción está financiada polo programa de Cooperación Tranfronteiriza Galicia-Norte de Portugal (POCTEP) da UE e o FEDER. Será organizada pola CEO con la colaboración de AEVA.

Artigos relacionados

Back to top button