EconomíaEconomíaÚltima hora

Produtores do oriente ourensán únense para facer posible unha Festa do Botelo na casa

Os produtores que participan cos seus produtos nos lotes da “Festa do Botelo”./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Desfrutar e saborear a Festa do Botelo dende casa. É a iniciativa que veñen de lanzar neste ano 2021 un grupo de produtores de Valdeorras, Viana do Bolo e Manzaneda a través da plataforma de venda online https://retornoalpueblo.com/.

Cada un destes elaboradores aporta os seus produtos de calidade que, de maneira conxunta, permiten desfrutar no fogar dunha Festa do Botelo diferente e nun ano no que foi cancelada pola situación sanitaria derivada do Covid-19.

Dende patacas e grelos de Loquita (O Barco), botelos de Embutidos García Marcos (Viana do Bolo), chourizos frescos de Murias (Petín), aceite de oliva Aceiroga (Quiroga), bica de castañas (da Cooperativa Amarelante de Manzaneda), lacón curado, licor café Barbudos (receita tradicional do Barco) e viño da Cooperativa Xesús Nazareno (O Barco) ata o vermú artesano “Carmela” (Sampayolo) da Rúa.

 

Foto: Carlos G. Hervella.

 

Este produtos poden mercarse en lotes para 4 persoas ou para seis a través de https://retornoalpueblo.com/, e chegan ao domicilio nun tempo de 24/48 horas.

Os produtores que participan nesta novidosa iniciativa, que aposta por poñer en valor os produtos locais e polas novas tecnoloxías, reuníanse na tarde deste 18 de xaneiro no establecemento a Horta de Fina e Mar no Barco.

 

Artigos relacionados

Back to top button