ConcellosO BarcoÚltima hora

Prohíbese fumar na praia fluvial do Malecón (O Barco)

Este espazo vén de sumarse ao programa "Praias sen fume" da Xunta

Bandeira identificativa das “Praias sen fume”, que xa pode verse na praia fluvial do Malecón do Barco./ Foto: A.R.

 

Xa non se permite fumar na praia fluvial do Malecón no Barco. Este espazo de baño e de lecer á beiras do río Sil vén de sumarse ao programa da Xunta “Praias sen fume”, tal e como vén de anunciar o alcalde do Barco, Alfredo García.

Mostra disto é tamén á banderola que acaba de colocarse na baixada a praia situada nas proximidades do río Cigüeño. O programa “Praias sen fume” persegue cinco obxectivos prioritarios: “promocionar unha vida sen tabaco, desnormalizar o consumo de tabaco na sociedade, reforzar o papel modélico-positivo dos pais, formar unha rede galega de praias libres de tabaco e promover praias que respecten e coiden o medio ambiente”, segundo a Xunta.

Artigos relacionados

Back to top button