ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Punxeiro (Viana do Bolo) recuperará a súa Festa da Vendima o 15 de outubro

Participantes na anterior edición da Festa da Vendima de Punxeiro (Viana do Bolo)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tras dous anos de parón por mor da pandemia, a localidade de Punxeiro (Viana do Bolo) prepárase para organizar unha nova edición da súa Festa da Vendima para exaltar o viño novo. Será o vindeiro 15 de outubro.

“Un ano mais os veciños e veciñas do pobo que me viu nacer organizaremos esta Gran festa será un ano especial por todo o que aconteceu durante a pandemia. Será una festa chea de sentementos, de recordos dos que non poderan estar entre nós, pero debemos ser fortes e unidos e voltar a dar exemplo como un pobo tan pequeno pode organizar un evento tan grande onde se misturan xentiña de diferentes puntos da peninsula e diferentes edades para compartir pinchos,viño, música e moita moita festa…”, tal e como vén de anunciar a a través das redes sociais un dos membros da organización, Jorge Domínguez.

Deste xeito o vindeiro 15 de outubro chegará a XIV Festa da Vendima- Ruta das Adegas. En breve a organización ten previsto presentar o seu cartel e tamén poñer á venda as entradas anticipadas.

Artigos relacionados

Back to top button