EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Representantes do CRDO Montilla y Moriles coñecen o godello de Valdeorras e visitan Godeval

 

Un grupo de membros do Consello Regulador Montilla y Moriles visitaba esta mañá a adega valdeorresa Godeval, con sede en Xagoaza (O Barco). Este grupo esta visitando as denominacións de orixe galegas co experto no mundo do viño, Luís Paadín, como coordinador.

No seu paso pola DO Valdeorras visitaron a sede do Consello Regulador e, a continuación, desprazáronse ata a adega Godeval, na localidade de Xagoaza, onde coñeceron as instalacións e cataron varios dos viños de godello de diferentes anadas. Entre os visitantes atópanse responsables das maiores adegas de Montilla Moriles como Adegas Alvear ou Toro Albalá; ademais de técnicos, vocais, responsables de calidade e viticultores.

Na súa visita a Godeval obtiveron máis información da variedade godello da que esta adega é unha das pioneiras na súa recuperación en Valdeorras desde os anos 80 en diante. Na súa visita ao berce do godello puideron catar diferentes anadas de godellos para apreciar a capacidade de   envellecemento da variedade con e sen paso por barrica. Cataron viños da anada actual e tamén outros de anos anteriores tales como: Godeval Cepas Vellas anada 2010, Godeval Cepas Vellas anada 2012, Godeval Re.Vi.Val anada 2021 e Godeval 1986 anada 2019

Entre os asistentes nesta visita a Godeval e a Valdeorras estaban Luis Giménez de Alvear, director xerente de Adegas Alvear, unha das máis antigas adegas familiares de Andalucía, desde 1729 e tamén de adegas Palacio Quemado en Ribeiras del Guadiana. Tamén se atopa na visita a Manuel Luís del Pino, xerente das Adegas del Pino desde 2000, as máis antigas e maiores produtores de viños doces de PX e mistelas (é ademais xerente dunha almazara familiar en Montalbán); Francisco Muñoz, xerente de Adegas Toro Albalá desde hai 30 anos; Antonio Muñoz, que desenvolve na adega labores comerciais e de adxunto á xerencia en Adegas Toro Albalá, e Juan Manuel Centella xerente e propietario dunha empresa de prestación de servizos á agricultura. Desenvolve o seu traballo en Montilla, Xerez, Rioxa, Toro, Rueda entre outras denominacións. É tamén o presidente da sectorial de Asaja do viñedo.

 

 

Do grupo tamén formaban parte Servando Morais (nova xeración dunha das familias máis antigas dedicadas ao viñedo e elaboradores de viños de tinaja da contorna da Serra de Montilla, no lagar da Primilla), Santiago Jiménez del Pino (psicólogo de profesión é tamén o dono do manicomio enolóxico dos Insensatos no lagar da Cañada Navarro na Serra de Montilla. Tamén pertence á familia Jiménez, con 6 xeracións de viticultores e elaboradores de viños da Serra de Montilla), Carmen Gracia (pertence á familia adegueira Grupo Gracia/ Pérez Barquero e é actualmente a responsable do panel de cata do FCAA, certificadora das denominacións de Montilla e Moriles, Condado de Huelva, Málaga e serras de Málaga), Manuel Luís del Pino Espejo de Bodegas Loss Insensatos.

A visita culminou cunha comida servida pola empresa de cátering, Mantesil, nas instalacións da adega na que se exaltaron produtos típicos de Valdeorras e desta época do ano como son a empanada de maravallas e o cocido valdeorrés. Durante a comida puideron seguir maridando os viños de cata con estes produtos, saíndo da habitual conxunción de viños brancos con peixes e mariscos.

Artigos relacionados

Back to top button