Eleccións municipais 2023PolíticaÚltima hora

Rivera, cabeza de lista de Independentes por Quiroga, presenta ao seu equipo: “a mellor candidatura” para o “mellor pobo”

 

O candidato de Independentes por Quiroga, José Luís Rivera, vén de presentar a súa candidatura coa que concorrerán as eleccións municipais do 28-M. En palabras de Rivera “trátase dun equipo que mestura veteranía e xuventude, de persoas preparadas para traballar dende o primeiro día
polos veciños de Quiroga”, o candidato independente declara “estar moi satisfeito” e mostrase “esperanzado” en que poderán darlle un novo rumbo a vila quiroguesa.

O cabeza de lista presenta  ao seu equipo do seguinte xeito:

“Como número dous da candidatura figura Luís Manuel Arias González, coñecido como “Cañero” formou parte da corporación municipal de Quiroga durante está lexislatura e é graduado en Inxería Forestas e do Medio Natural.

No número tres, Maite Pérez, nai e veciña de Quiroga dende hai moitos anos é enfermeira de formación e traballa como tanatopractora e docente de formación profesional para o emprego.

Co número catro Fabio Folla, un mozo emprendedor do sector agrícola e forestal moi ligado ao sector primario do concello.

Co número cinco Gloria González del Pont, veciña de Pacios de Quiroga é profesora no CESUGA e licenciada en literatura comparada.

Co número seis Ana Isabel Arza, licenciada en dereito e veciña de Hospital – A Ribeira, síguea na lista María del Carmen Aira Cabo, xubilada do Servizo de Axuda no Fogar, Pedro Rivera, funcionario de
prisións veciño de Carballo do Lor, Jorge Martínez González hosteleiro, Emma Rodríguez Maseda veciña de Conceado do Lor enfermeira de formación e exerce como docente na UDC e para pechar a candidatura Tatiana Vega veciña de Sobrado do Lor é licenciada en Dereito e continúa formándose”.

Concorren como suplentes Antonio Nogueira, xefe de produción nunha multinacional, María Carmen Expósito, xubilada como auxiliar de clínica e Emilio Baldonedo xubilado do sector das  telecomunicacións.

Artigos relacionados

Back to top button