CulturaCulturaÚltima hora

O teatro invade o casco histórico de Allariz cos roteiros teatrais nocturnos

Cada xoves, dende o 3 de agosto ao 7 de setembro, a parte histórica desta vila ofertará diferentes representacións aos veciños

O teatro invadirá o Casco Histórico de Allariz por segundo ano consecutivo cos roteiros teatrais nocturnos “Eiró dun soño de verán”. 

Mañá, xoves 3 de agosto, será a primeira xornada desta cita que se fará cada xoves até o 7 de setembro. Segundo aseguraron dende o Concello de Allariz, na primeira edición o pasado ano acadou “un gran éxito” e por iso volven a meter as noites teatrais dentro da programación cultural de verán.

En resumo, todos os xoves, ata o 7 de setembro incluido,  representaranse diferentes escenas “que porán en valor o patrimonio histórico alaricano, mostrando os lugares menos visitados pero non por ese menos importantes, así como dando a coñecer personaxes máis coñecidos de Allariz”.

Mañá, a partir das 23:00h dende o Alto do Portelo, dará comezo o primeiro roteiro, unha homenaxe aos 700 anos das orixes da Festa do Boi.

Cartel das Noites Teatrais “Eiró dun soño de verán”.

Artigos relacionados

Back to top button