CulturaCulturaÚltima hora

Un estudo de Pedro Basalo sobre o Entrudio vianés, nun congreso internacional

O investigador vianés Pedro Basalo./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

No marco da sexta edición do Congresso Internacional de Antropologia da AIBR, que tiña como lema “Humanidades em emergência: saúde e reconstrução social”, o investigador vianés Pedro Basalo vén de presentar unha comunicación sobre o “Entrudio” de Viana do Bolo. Este foro que acostuma celebrarse en Portugal, tivo nesta ocasión unha edición virtual a finais de xullo, ante a situación de crise sanitaria polo Covid.

“Toda manifestaciónhumana é filla de seu tempo; mesmo as tradicións seculares, por baixo da súa falsa aparencia de imobilismo, non son alleas ás transformacións ideolóxicas, sociais ou ambientais. Así acontece con manifestacións folclóricas centenárias como o caso do Entrudio, celebrado nas terras de Viana do Bolo (Ourense, Galiza, España): cada época deixou a súa pegada ao mesmo tempo que remodelou os estratos de períodos anteriores”, explica Basalo nesta comunicación, titulada “Apuntamentos para un estudo sociolóxico do Entrudio de Viana do Bolo”.

Nela aposta por analizar as implicacións sociais desta tradición e, en concreto, examina como “o paso dunha sociedade rural tradicional a unha sociedade rural moderna repercutiu na concepción do Entrudio vianés. Para explicar esta mudanza —que tivo lugar o século XX— é preciso confrontar as condicións de vida e a cosmovisión de cada época, xustamente porque eses factores son os que determinan cales aspectos da tradición perduram e cales teñen que ser as súas funcións”, indica o investigador, que ademais sinala que a presentación deste estudo no congreso foi posible grazas ao apoio da Asociación Robreda.

Artigos relacionados

Back to top button