CulturaCulturaEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Un mural para conmemorar o 25N, á entrada do Aguillón, na Rúa

 

A entrada da área recreativa do Aguillón, na Rúa, conta dende hoxe cun mural, confeccionado polo artista José Luis Prieto “Lilí”, como símbolo da importancia para as mulleres de valorarse e coidar de si mesmas. Neste senso vai tamén o obradoiro que se celebraba na tarde de onte no Centro Cultural Avenida.

Son dúas das actividades organizadas na Rúa con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, incluíndo ademais ás 12 horas dende 25N, a lectura do manifesto na praza do Concello e o reparto de material de sensibilización.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button