A RúaConcellosÚltima hora

Un voluntario de Protección Civil da Rúa impide que unha persoa se atragante cunha castaña no magosto

Nabor atendendo á muller no magosto da Rúa./ Foto cedida.

 

Moi movida foi a tarde do sábado 11 de novembro para a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Rúa. No trancurso do magosto do Concello un dos voluntarios máis xove, Nabor Suárez, facíalle a maniobra de heimlich a unha muller de avanzada idade que se atragantara cunha castaña. Grazas á súa intervención o suceso non pasou dun susto.

No mesmo magosto, un veciño sufría un mareo tendo que avisar ao 061, rematando cunha chamada do 112 “que nos avisou de que unha veciña caera dun balcón a un patio, sendo trasladada polo 061 ao Hospital Público Valdeorras”, informan dende Protección Civil da Rúa.

 

Nabor e Anxo durante o operativo do magosto na Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button