OurenseÚltima hora

Unha ducia de comercios de Allariz súmanse á Feira da Oportunidade

A cita terá lugar na Alameda os días 26 e 17 de agosto en horario de 10:00 a 21:00 horas

A alameda de Allariz acollerá, os días 26 e 27 de agosto, unha nova edición da Feira da Oportunidade, organizada pola Asociación de Comercio e Hostelería de Allariz, en colaboración co Concello.

Esta feira estará aberta de 10:00 a 21:00 horas e unha ducia de comercios de roupa e complementos, calzado e deportes, entre outros, e ofrecerán aos asistentes descontos nas súas compras.

Pero ademais das compras, o programa deste evento inclúe actividades para os máis pequenos como xogos ou obradoiros de globoflexia, malabares, arte e pulseiras.

Cartel da feira.

Artigos relacionados

Back to top button