EconomíaEconomíaÚltima horaVídeosViticultura

Vinos Barco-Cooperativa Xesús Nazareno lanza a súa campaña de Nadal “Familia de Amigos”

Deste xeito culmina un ano no que a adega apostou polo enoturismo a través dun Podcast que xera un roteiro de misterio en Valdeorras

 

Vinos Barco, Adega Cooperativa Xesús Nazareno do Barco, “é unha familia de 300 amigos. Eles e as súas familias son a alma da adega, polo que esta homenaxe en forma de vídeo vai dedicado a eles”, destacan dende esta entidade con motivo da súa campaña de Nadal que veñen de lanzar.

A campaña céntrase en comunicar o esforzo dos seus socios. Realiza un paralelismo entre a actividade dunha casa e a dunha adega que está creada por unha familia de amigos. Deste xeito, nestas datas nos fogares preparar o que leva á mesa é unha das principais preocupacións e en Vinos Barco fano con coidado e esforzo durante todo o ano. Este vídeo realízase como colofón a un ano no que a adega apostou polo enoturismo mediante o seu podcast de misterio “A Perla de Valdeorras” e por unha imaxe renovada das súas instalacións que representa as súas orixes, entre outras accións.

 

 

Deste xeito Vinos Barco agradécelles a súa permanencia e traballo na cooperativa durante tantos anos. “Sentímonos orgullosos dos nosos viños porque son o resultado da nosa experiencia traballando a terra. En cada botella hai parte de cada un de nós. Todos formamos parte deste viño” declara Alfredo Vázquez, xerente de Vinos Barco.

 

 

Aposta polo enoturismo

O podcast, creado polo produtora Mil Ojos Producen, é un medio para “promocionar o enoturismo e a comarca de Valdeorras dunha forma moi diferente que fai que podamos chegar a todos os públicos e que se goce desta terra dunha forma divertida”, segundo explica Alicia Van Assche, directora de contidos.
Os protagonistas do podcast son catro amigos inseparables desde a infancia que decidiron escapar do caos da gran cidade e pasar unha fin de semana tranquila en Valdeorras para coñecer a variedade Godello, tan representativa da zona. “Podemos presumir de que o primeiro viño Godello de España se embotellara nas nosas instalacións. Nacemos como cooperativa en 1958 e catro anos máis tarde arrincamos coa primeira colleita. Así, contamos coa primeira planta embotelladora de viño da comarca de Valdeorras e unha das primeiras de Galicia cuns 800 pequenos produtores. Desde entón ata o de agora, non deixamos de traballar a terra, coidando cada cepa como o legado familiar que supón en cada unha das nosas casas”, explican dende Vinos Barco.

Artigos relacionados

Back to top button