EconomíaEconomíaÚltima hora

Xornada teórico-práctica de propóleos o 28 de abril en Vilamartín

Esta acción formativa, organizada pola Asociación Valdeorresa de Apicultores, será impartida por Félix Adanero Jorge

O Centro Cultural Santa Lucia, (rúa Demetrio Mecía nº 5) de Vilamartín de Valdeorras acollerá o vindeiro día 28 de abril unha xornada teórico-práctica de propóleos a longo de todo o día. Así pola mañá, de 10 a 14 h., centrarase en coñecementos teóricos sobre propóleos e, xa pola tarde (de 16 a 19 h.) abordarase a aplicación práctica para a obtención, procesado e consumo de propóleos.

A xornada será impartida por Félix Adanero Jorge (doutor pola Universidade de León. Licenciado en Farmacia e Licenciado en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos). A sesión práctica da tarde incluirá a aplicación práctica para a obtención, procesado e consumo de propóleos (máximo 25 socios), a colocación de mallas/rexiñas e retirada dos propóleos desta, o consumo habitual de propóleos, a obtención de tintura e a aprendizaxe de tres receitas: mel con propóleos, lápis labial con propóleos e cera, xabón de glicerina con propóleos e ungüento de propóleos.

Esta iniciativa, promovida pola Asociación Valdeorresa de Apicultores, ten como obxectivo achegar “coñecementos dende unha perspectiva científica (aspectos xerais, produción, apiterápia, composición, lexislación, precaucións especiais, elaboración de algúns produtos cosméticos e alimentos con propóleos) sobre este produto apícola, os propóleos, coa intención de producilo, recollelo e/o utilizalo de forma eficaz e consciente”, tal e como informa o seu presidente, Armando Rodríguez.

 

Membros da Asociación Valdeorresa de Apicultures durante unha reunión no Centro Cultural Santa Lucía de Vilamartín./ Foto: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button