
Atletas de moi diferentes categorías e adestradores participaban nas xornadas que impartía nesta fin de semana no Barco o especialista en salto de altura Gustavo Adolfo Becker. Esta iniciativa, organizada a través do Club Adas, buscaba mellorar a formación tanto dos deportistas como dos adestradores nesta disciplina do atletismo.
“Esta é a segunda vez que veño ao Barco a impartir unhas sesións deste tipo e fágoo encantado porque aquí vexo xente que está involucrada na tecnificación e en traballar con nenos e que leva anos facéndoo e para min é unha honra vir aquí a botarlle unha man a Tinín (Agustín González, presidente do Adas)”, dicía ao termo das xornadas Becker, que foi atleta olímpico e que, tras a súa retirada, exerce de adestrador. Ademais en 1992 conseguía a segunda mellor marca do salto español.
Máis información na edición en papel de O SIL Deportivo.