SanidadeÚltima hora

A área sanitaria ourensá, candidata ao premio nacional da organización “Sanidade polo clima”

Ademais a Área Sanitaria vén de convocar as obras do proxecto europeo “Life Resystal” na que testará iniciativas de adaptación ao cambio climático nos tres hospitais da provincia por 582.090,76 €

 

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras vén de ser elixida candidata ao premio nacional da organización “Sanidade polo clima” que recoñece as iniciativas bioclimáticas máis innovadoras para reducir a pegada carbono dos centros sanitarios, polo que xa foi galardoado o Hospital Universitario de Ourense o pasado ano.

A finalidade dos premios “Sanidade polo Clima +10 Hospitais polo Programa de Saúde de Glasgow” é promover o compromiso do sector sanitario para alcanzar os obxectivos climáticos de España, recoñecendo os proxectos en materia de descarbonización en marcha nos centros sanitarios, servindo así de inspiración para outros hospitais.

A candidatura ao premio destaca entre outras accións a participación da Área de Ourense no proxecto europeo LIFE RESYSTAL, que aborda o cambio climático e as súas implicacións, tamén desde o punto de vista das infraestruturas hospitalarias. As obras incluídas neste proxecto acaban de licitarse por un importe de 582.090,76 euros. Que permitirán construir distintas infraestruturas e pérgolas verdes, que se conectarán entre si xerando espazos verdes, na praza de acceso ao novo edificio de hospitalización, no Hospital Universitario de Ourense; un novo sistema de recollida e almacenamento de augas pluviais para rega, no Hospital Público de Verín, e unha cuberta vexetal illante no de Valdeorras. Tamén se inclué a monitorización destas medidas, así como dos obstáculos á hora de tomar medidas climáticas no sector sanitario.

Seguemento da pegada de carbono

A candidatura tamén destaca que, desde 2021, a Área de Ourense realiza o cálculo da pegada de carbono (C02) con distintas ferramentas, grazas á súa membresía na asociación Health Care Without Harm, orientada á redución do impacto climático dos sistemas de saúde. Así, No último ano, novas ferramentas estatísticas permitiron calcular cuestións de gran complexidade, como a mobilidade de pacientes desde os seus domicilios ao hospital. Isto mostrou que representan unha alta porcentaxe das emisións, aumentando o coñecemento para implementar novas medidas.

Nesta liña estableceuse un compromiso coa descarbonización, apostando polos vehículos 100% híbridos, o que reduce progresivamente a pegada de carbono. Ter substituido 15 dos 34 vehículos por híbridos, supón xa unha redución anual de entre 18 e 34,5 toneladas de CO2. Ademáis, instaláronse puntos de carga para vehículos eléctricos no Hospital Universitario de Ourense.

Este último centro dispón ademais de placas solares fotovoltaicas nos tellados que, só en 2022, evitaron a emisión de 9,5 toneladas de CO2. Ademais, o centro hospitalario tamén xera case 2M de kWh térmicos, grazas ás súas dúas caldeiras de biomasa, reducindo as emisións, en case 600 toneladas anuais, ao substituír equipos de gasóleo. Igualmente dispón dun sistema de coxeración de alta eficiencia e dun sistema de aproveitamento de auga de chuvia para rega de zonas verdes.

Na procura da Saúde Integral: Unha Saúde

O consumo de electricidade anual por actividade asistencial en cada centro de saúde en CO2e é de 19 toneladas. Emisións dos coches pertencentes ao Sergas (combustible/vehículos), do cal se deriva o CO2 (18 tnCO2e). A solar fotovoltaica supón 9,5 tn CO2e.

Aparte dos beneficios evidentes de reducir o impacto ambiental a instalación de novos equipos de aerotermia. Representa unha mellora para a saúde dos pacientes, a miúdo de avanzada idade, ao dispoñer de maior comodidade térmica, especialmnete no verán. Iguualmente A aposta pola mobilidade eléctrica, tanto híbrida como completamente eléctrica, reduce a emisión de múltiples gases e partículas relacionados con enfermidades pulmonares. A instalación de puntos de carga no hospital é especialmente significativa, xa que a miúdo acode xente con patoloxías previas, e é interesante ter unha calidade do aire o máis alta posible

Loita contra o cambio climático

Compromiso polo Clima xurde da Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (OP26), celebrada en Glasgow, onde un grupo de 50 países comprometéronse a desenvolver sistemas de saúde resilientes fronte ao cambio climático e con baixas emisións de carbono, como resposta para os efectos do cambio climático sobre a saúde das persoas.

Sanidade polo Clima é unha plataforma que aúna a diferentes actores sanitarios comprometidos fronte á emerxencia climática, e entre as súas funcións procura difundir e premiar ás institucións sanitarias que xa están a actuar nesta liña, que xa se coñece como “One Health” vencellando a saúde das persoas coa saúde do planeta.

A iniciativa premiada en 2022 no Hospital Universitario de Ourense por este mesmo organismo recollía o seu proxecto integral para diminuir as emisións, o uso de enerxías renovables, a xestión de residuos, o aforro de auga e a sensibilización de traballadores e pacientes. Así, tamén destacaron o seu horto terapéutico na cuberta e a creación de novas zonas verdes para mitigar o impacto da calor nunha das cidades que bate récords cada ano.

Artigos relacionados

Back to top button