EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

A mesa para negociar o acordo marco da lousa constituirase o 23 de setembro

Na tarde do 2 de setembro tiña lugar unha primeira reunión entre empresarios e sindicatos para abordar este tema

 

Sindicatos e empresarios da lousa reuníanse ás catro e media desta tarde de 2 de setembro na sede do Clúster da Pizarra de Galicia, en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras), para abordar a negociación do convenio marco da lousa, que é de ámbito estatal.

Nesta primeira xuntanza acordábase constituír a mesa negociadora nunha nova reunión, prevista xa para o 23 de setembro, ao non estar perfectamente definidas as porcentaxes de representación pola parte sindical (formada por UXT, CCOO e CIG), tal e como informa o secretario xeral da FICA-UXT Galicia, Javier Carreiro. “Faltánnos aí uns pequenos flecos e preferimos ter os certificados oficiais para podelos plasmar na mesa”, indica Carreiro, se ben estima que a porcentaxe se representación de UXT podería andar polo 85% a nivel español. Pola parte sindical acordouse que a mesa contará cun total de 9 membros.

 

 

Na parte empresarial, con outros tantos membros, a Federación Nacional de Pizarra (da que forma parteo Clúster da Pizarra de Galicia e APICAL) representa ao 90% do sector.

Unha vez que se constitúa a mesa negociadora, a intención é iniciar xa nesa mesma reunión do 23 de setembro a negociación do novo convenio marco. “Nós presentaremos as propostas que consideremos ao texto actual, que logo, loxicamente se debaterán”, adianta Carreiro.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button