SanidadeÚltima hora

A mostra “Pequenos Pacientes, Grandes Lectores”, nas paredes de Pediatría do Hospital de Ourense

No marco do convenio coa Fundación Cultura en Vena esta iniciativa da acceso a unha biblioteca dixital formada por contos escritos por nenos e mozos hospitalizados

 

A terceira planta do edificio Materno Infantil do Hospital Universitario de Ourense, saúda desde hoxe a todos os visitantes da unidade de hospitalización pediátrica cunha exposición do programa “Pequenos pacientes, Grandes Lectores”, iniciativa xurdida do convenio asinado entre a Área Sanitaria de Ourense e a Fundación Cultura en Vena, o pasado mes de abril.

A proposta «Pequenos pacientes, grandes lectores» está dirixida a estimular a escritura creativa dos pacientes ingresados máis novos, entre os 7 e os 16 anos. Aqueles que participen poderán ver o seu conto incluido nunha biblioteca dixital, accesible para os e as pacientes dos hospitais participantes de todas as idades, promovendo así tamén a lectura ou a reconexión coa infancia dos adultos, ou axudandolles a sobrelevar o ingreso dun achegado.

 

 

Coñecer as emocións e fundilas nun papel

O programa compleméntase con doce vídeo obradoiros, nos que se explica de xeito ameno e comprensible temas como a creatividade, as emocións básicas e os diferentes aspectos da escritura e do relato.

Ademais da biblioteca dixital en liña, o conto pode ser seleccionado para ser incluido na exposición itinerante, que agora chega a Ourense, dentro do programa de Arte Ambulatoria organizado por Cultura en Vena.

A exposición presenta os traballos seleccionados de xeito visual e ameno, incluindo un pequeno resume e citando aos seus autores e hospital de orixe, cun codigo bidi que da acceso directo ao conto elixido.

Arte para abrazar e tecer ilusións

Por medio do convenio asinado coa Fundación “Cultura en Vena” a Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras consolida o seu obxectivo de promover a presenza nos centros sanitarios da provincia das artes, como a pintura ou a música, como vehículos de saúde e benestar para pacientes, acompañantes e profesionais.

O convenio permite colaborar para organizar concertos, exposicións, conferencias, cursos, sesións de estudo e formación, campañas de sensibilización, etc. Promovendo e contribuindo a xerar emprego para músicos, artistas e xestores culturais, desenvolvendo ademáis actividades de voluntariado cultural. Ademais, márcase o obxectivo de promover e/ou realizar estudos e investigacións, relacionadas cos fines da fundación, e organizar campañas de difusión nos medios das distintas actividades e editar materiais relacionados en distintos formatos.

Centos de estudos clínicos amosan evidencias científicas sobre o efecto positivo da cultura no ámbito da saúde. De feito, en Ourense iniciativas lideradas desde psiquiatría, no hospital de Piñor, coa iniciativa Arte Espida, son referentes no valor da arte no marco clínico, e xa protagonizaron un debate no marco dunhas xornadas organizadas no Museo Thyssen pola Fundación.

Arte par limitar a dor

A arte como forma de limitar a dor é unha ferramenta ben coñecida polos profesionais de saúde mental de Ourense, que ademasi de pilotar o innovador proxecto “Arte Espida”, que pon en valor os traballos artísticos dos pacientes das unidades de Piñor, mantén e expón permanentemente algúns dos traballos que se conservan do “Sanatorio de Toén”, hospital psiquiátrico de Ourense entre 1959 e 2012, que protagonizaron unha innovadora exposición no Centro Cultural Marcos Valcarcel.

Por suposto sen esquecer o convenio coa Fundación Quessada, que permite expoñer, de xeito permanente e gratuíto, parte da obra do artista ourensán Xaime Quessada Porto e do seu fillo Xaime Quesada Blanco no Hospital Universitario de Ourense. Tamén a música esta moi presente no hospital, dunha banda grazas ao traballo solidario de numerosos voluntarios que doan a súa música e tempo e tamén, por medio do o convenio coa Asociación Galega de Musicoterapia, que colabora activamente con servizos como Psiquiatría, ou en iniciativas de saúde comunitaria de atención primaria.

Neste intre o Servizo de Atención ao Paciente e Humanización traballa con Cultura en Vena na posta en marcha en Ourense dunha exposición de Sorolla, que traerá a luz do mediterraneo ás salas do Hospital de Día de Onco-Hematoloxía, no marco do proxecto “Arte Ambulatorio” con exposicións itinerantes en centros sanitarios e zonas rurais, creando novos espazos permanentes para a cultura.

Artigos relacionados

Back to top button