EconomíaEconomíaÚltima hora

AEVER presenta as campañas “Feira Solidaria dos Maios” e “Día da Nai” en Verín

 

A Asociación de Comerciantes de Verín-CCU (AEVER) presentaba esta mañá na sede desta entidade dúas campañas que desenvolverá nos vindeiros días: a “Feira Solidaria dos Maios” e o “Día da Nai”. No acto participaban o presidente e o xerente da entidade, respectivamente, Santos Álvarez e Xosé Ángel Rodicio.

Na referida aos Maios, prevista para o 1 de Maio (de 10h. a 14h.) “os tíckets de compras nos establecementos do Centro Comercial Urbano de Verín servirán para que os nenos poidan subir a un inchable que estará situado na praza García Barbón. Teremos unha carpa instalada ao carón do inchable onde comprobaremos este tícket e daremos a entrada que valerá 1€. Este euro será un donativo destinado á Asociación Española contra o Cancro”, explican dende AEVER. Con esta actividade búscase “incentivar as vendas e promocionar o comercio socio”.

Ademais AEVER daba a coñecer as actividades relativas á campaña do “Día da Nai”, que terá lugar do 21 de abril ao 7 de maio.  Consistirá no sorteo de 5 cheques regalo de 100 euros cada un para mercar no comercio local.  “Para participar no sorteo os nosos clientes deberán enviarnos unha foto do seu tícket de compra dalgún establecemento asociado a AEVER xunto co seu nome, teléfono ou correo electrónico a aeverccu@gmail.com. Poden participar as veces que desexen e así terán máis oportunidades”, indican dende a entidade.

Ese sorteo está programado para o 8 de maio e será de forma online a través de Google. Os ganadores terán ata o 22 de maio para gastalo, cun mínimo de dous establecementos e un máximo de 50 euros.

Así mesmo, no decurso da campaña procederase a repartir entre os asociados un corazón recortado onde poña “Quérote Mamá”. E, os clientes que o desexen, poderán facer unha foto nos establecementos para promocionar o comercio local.

Artigos relacionados

Back to top button