
Apenas dúas de que se producise o incendio industrial nas instalacións de Cedie no Barco, o alcalde deste municipio, Alfredo García, en declaracións ao Periódico O SIL, asegura que “o incendio está perimetrado, non vai a ningunha parte xa”.
Tamén explica que as chamas afectaron a tres naves destas instalacións, situadas na avenida de Galicia da vila. “A nave onde estaba a resina xa ardeu e afecta a dúas naves, de momento, entendo que os bombeiros están traballando para illar esas dúas naves que están afectadas e para que non pase a ningunha máis. Agora mesmo o fume segue sendo moi escandaloso, pero as chamas xa están diminuíndo e todo apunta que o lume deberá de ir a menos”.
Arestora traballan na extinción das chamas os bombeiros do parque comarcal de Valdeorras e do GES Valdeorras, ademais dende o Concello solicitáronse todos os medios posibles. “Estamos tamén pendentes de que cheguen os bombeiros de Monforte e entendo que ao final haberá medios suficientes e se controlará aquí sen máis”.
