OurenseÚltima hora

Alumnos do Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense e Padre Feijoo Zorelle visitan o Parlamento de Galicia

Son os gañadores do Premio Estatuto de Autonomía de Galicia 2024

 

Un grupo de alumnos dos colexios Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense e Padre Feijoo Zorelle, gañadores do Premio Estatuto de Autonomía de Galicia 2024 convocado pola Deputación de Ourense, visitou este martes o Parlamento de Galicia, onde mantiveron un encontro co presidente da Cámara, Miguel Santalices.

 

 

O premio foi entregado o pasado 5 de abril, na véspera do 43 aniversario da promulgación do Estatuto de Autonomía de Galicia. Resultaron gañadores 45 alumnos e alumnas, seleccionados entre os 436 traballos presentados nas categorías de redacción e debuxo baixo o lema “A defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego”.

 

 

O programa incluía visita á Catedral de Santiago de Compostela, ao Parque do Laberinto, ao de Bonaval e Á Cidade da Cultura. Ademais monitores da Asociación Ganeda ambientaron a xornada.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button