CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Alumnos do IES Carlos Casares de Viana volverán participar nunha xornada de educación para a cidadanía

Será este xoves 4 de abril en Silleda e compartirán actividade con estudantes doutros catro institutos galegos

 

Asistentes ao evento o ano pasado.

 

Un cento de alumnos e alumnas dos institutos de Viana do Bolo, Brión, Bueu, Silleda e Boiro participarán este xoves 4 de abril, no Auditorio de Bandeira (Silleda), nun encontro creativo para reflexionar e promover prácticas de convivencia positiva e bo trato nos centros educativos, como base da súa aprendizaxe en cidadanía e valores, e creando propostas de utilidade para a sociedade en xeral.

O evento desenvólvese no marco do proxecto EpDLab Educación Mediática, Innovación Didáctica e Cidadanía Global coordinado pola ONGD Agareso dende hai 9 anos os mesmo que levan indo os alumnos o IES Carlos Casares de Viana do Bolo.

Este encontro creativo busca que o alumnado participante aplique as aprendizaxes da aula a situacións reais e complexas, traballando en grupos con alumnas e alumnos doutros centros galegos. Deste xeito, potenciamos a aprendizaxe entre iguais e por proxectos, e facilitamos que a mocidade de lugares diversos de Galicia interactúe nunha actividade creativa e educativa. Isto permítelles coñecer mellor a súa comunidade e a diversidade socio-cultural da mesma, entendida como riqueza para a colaboración e a mellora de competencias transversais.

 

Unha das actividades levadas a cabo o ano pasado.

 

Un hackathon é un evento no que, nun breve espazo de tempo, un grupo de persoas intentan crear solucións para unha problemática dada. O termo provén da mestura das palabras “hacker” e “maratón” (marathon en inglés) e, aínda que naceu no ámbito da programación e da informática, esta metodoloxía de creación é moi popular tamén noutros eidos, como a educación ou a innovación social. Así, o hackathon de EpDLab achegará un espazo dinámico para que o alumnado elabore solucións creativas para problemas comunitarios. Seguindo un itinerario de actividades, os e as participantes traballarán en equipos para reflexionar e crear contidos dixitais ao redor da convivencia e do respecto mutuo na súa contorna e na sociedade en xeral.

O programa estenderase dende as 11 ata as 17 horas inclúe a benvida e presentación coa presenza da alcaldesa de Silleda, Paula Mª Fernández Pena, e da concelleira da Área de Benestar, Ángela Troitiño Gil; traballos en grupos intercentros: coñecemento e interaccións sociais, deseño; Creación de contidos audiovisuais e dixitais; e ata un Mural Común de Coñecementos; ademais da exposición e proxección de resultados no salón de actos.

Artigos relacionados

Back to top button