ConcellosO BarcoOpiniónÚltima hora

Aplicar a Ley de Memoria Democrática no Concello do Barco

Carta ao director de Emilio Vega Rodríguez

 

A Ley de Memoria Democrática ( Ley 20/2022 do 19/10/ 2022) coas súas carencias e ambigüidades supón unha mellora sobre a Ley de Memoria Histórica do Goberno Zapatero, e permite avanzar na clarificación e dignificación da nosa historia máis recente. Trátase de aplicala en toda a súa extensión, podendo recurrir ante o incumplimento ou dúbidas e, en todo caso, a Fiscal de Sala de Derechos Humanos y Memoria Democrática, Dolores Delgado.

A citada Ley di no artigo 35.2. “serán considerados elementos contrarios a la memoria democrática las referencias realizadas en topónimos, en el callejero o en las denominaciones de centros públicos, de la sublevación militar y de la Dictadura, de sus dirigentes, participantes en el sistema represivo o de las organizaciones que sustentaron la dictadura, y las unidades civiles o militares de colaboración entre el régimen franquista” ; e no 35.3 “las administraciones públicas, en el ejercicio de sus competencias y territorio, adoptarán las medidas oportunas para la retirada de dichos elementos” ; concluíndo no seu apartado 35.4 “Cuando los elementos contrarios a la memoria democrática estén ubicados o colocados en edificios de carácter público, las instituciones o personas jurídicas titulares de los mismos serán responsables de su retirada o eliminación”.

Así mesmo no Artigo 40 “Las administraciones públicas, en el ejercicio de sus competencias y con arreglo a los correspondientes procedimientos, adoptarán las medidas oportunas para revisar de oficio o retirar la concesión de reconocimientos, honores y distinciones anteriores a la entrada en vigor de esta ley que resulten manifiestamente incompatibles con los valores democráticos y los derechos y libertades fundamentales”. E así no 41.1 faise un relatorio de títulos suprimidos de partícipes na máis dura e sangrenta represión da dictadura franquista (por exemplo o xeneral Mola un dos directores do Golpe de Estado, ou Yague coñecido como o “carniceiro de Badaxoz” ¡¡). E entre estas figuras está no nº 18 o título de Conde Fenosa ( Conde de Fuerzas Eléctricas del Noroeste Sociedad Anónima). É de sobra coñecido co título Conde de Fenosa corresponde a Pedro Barrie de la Maza, activo colaborador en sustentar o golpe militar, delator, procurador nas cortes franquistas dende 1955, alcahuete na venda ilegal do Pazo de Meirás e da Casa Cornide da Coruña á familia do ditador, título herdado pola súa dona Carmela Arias como Condesa de Fenosa.

Pois ben, por dito Decreto o Conde de Fenosa é inexistente e non cabe ostentación pública ou privada do título, e a súa utilización sería ilegal, paradoxal e risíbel. De feito, o nome da fundación é Fundación Barrié. Mais o Concello do Barco conserva tres símbolos relacionados co personaxe, e por falta de dilixencia política están a subsistir, incumprindo a lexislación vixente. Non deixa de ser pouco exemplar cara á cidadanía que un concello democrático estea a incumprir flagrantemente a Ley. Mais o Concello sí exerceu o súa función noutras ocasións, incluído o recoñecemento e homenaxe aos guerrilleiros antifranquistas de Valdeorras, ou a solicitude ó Concello da Coruña para suprimir a rúa Sergio Peñamaria de Llano, sangrente represor na comarca.

 

Acta antiga dunha sesión plenaria do Concello do Barco na que se alude a Pedro Barrié./ Foto: Emilio Vega.

 

Fillo adoptivo e predilecto do Barco de Valdeorras

Pedró Barrie de la Maza foi nomedo “Fillo Adoptivo e Predilecto do Barco de Valdeorras” o día 12 de agosto de 1947. No punto 11 da orde do día da sesión ordinaria do 04/07/1950 o alcalde informa : “…vendrá a esta el Excmo Sr. Pedro Barrie de la Maza, al objeto de recibir la placa que este ayuntamiento le dedica designándole hijo adoptivo de la villa” e para “solemnizar tal acto propón” se le dé una comida de honor en el parador de Turismo”, evidentemene a pagar polo Concello

Avenida de Conde Fenosa

Sobre a N 536, tratouse xa no ano 2017 (ao aveiro da Ley de Memoria Historica , Ley 52/2007, do 26 de decembro de 2007) cambiar o nome . E xa é un tema recorrente nos Plenos do Concello e nunca resolto por falta de vontade política. Así no pleno do 3 de novembro de 2022 ante unha pregunta do concelleiro do BNG Sr. Jesús Vilasánchez o Sr, Alcalde resposta “…que se vai promover na Comisión de Cultura un debate …e tamén se vai realizar participación cidadá”. Transcorrido seis anos…o concello segue promovendo o debate.

Colexio Condesa de Fenosa

É o tema máis complexo polo tratamento levado adiante pola corporación municipal, dende o ditame da Comisión Informativa de Cultura, Educación e Turismo do Concello en sesión ordinaria do 4 de Abril de 2022 propondo o Pleno do 7 de Abril “…favorablemente o cambio na nominación do CEIP Plurilingue Condesa de Fenosa do Barco, que pasaría a denominarse…Paco Pérez Lemos, tal como acordou por unanimidade o Consello Escolar deste centro o 22 de marzo de 2022” e que o Técnico de Cultura do Concello considera que “… o pleno do Concello pode emitir un informe favorable ao cambio de nome…”.

O debate posterior do Pleno ( acta do pleno na web do Concello) enredou totalmente o tema pois ao parecer existe un acordo do Pleno de non pór nomes de persoas falecidas antes de 10 anos e por enriba a Fundacion Conde de Fenosa puxo no ano 1972 a cantidade de 2 000 000 de pts. para poder ampliar o patio do Colexio, coa dubida de que a donación da Fundación implicaba soterradamente unha operación mercantilista apeitugando o Colexio co nome sine die, nin unha puntada sen fío. Así o cambio de nome queda pendente dunha investigación sobre a operación mercantilista da Fundación.

A estas alturas, despois de 17 meses o Concello segue a investigar a operación mercantilista sen avances e resultados… a pesar da pregunta do concelleiro do BNG Sr. Jesus Vilasánchez no mes Maio Tamén no pleno de Xuño ( consultar acta na web do Concello) presentou unha moción escrita polo cambio de nome, reproducíndose miméticamente o debate de marzo, incluindo a posta en marcha da investigación. A moción non prosperou polos votos en contra do PSOE e PP.

Urxe un cambio de nome

A cuestión é que parece que o Goberno Municipal non ten vontade política de solucionar ningún dos tres casos. Parece non enterarse cun Goberno do PSOE ten aprobada a Ley de Memoria Democrática tal como reseñamos ao principio deste artigo, que non existe o título de Conde de Fenosa suprimido por esa Lei por colaborador necesario coa ditadura franquista, que a fundación chámase Pedro Barrie e ca citada Lei responsabiliza a administración pública, concellos incluídos, suprimir o seu nome da vida social da cidadanía. Unha situación paradoxal e lamentablemente de parodia nuns tempos que corren rápidos.

Texto: Emilio Vega Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button