Chandrexa de QueixaConcellosManzanedaÚltima hora

Dende Valladolid ao Macizo Central Ourensán

Unhas 35 persoas facían un percorrido polos recursos turísticos e ambientais de Manzaneda, Chandrexa de Queixa e municipios limítrofes nesta ponte do Pilar

 

Durante os días desta ponte do Pilar, un grupo de 35 visitantes facían un percorrido polos recursos turísticos, valores ambientais e culturais do municipio de Manzaneda, Chandrexa de Queixa e concellos limítrofes. A actividade de promoción turística, xestionada pola axencia Sermar de Valladolid e guiada por Rubén Bermejo de Surbia Natura, comezaba as súa andaina polo territorio de Manzaneda ás 9:30h. da mañá do venres 13 de outubro.

A praza do Concello de Manzaneda convertíanse en punto de encontro e nela dabáselles a benvida por parte de representantes de Manzaneda deusolle a benvida “á nosa terra, resumindo os nosos recursos turísticos e relacionando os produtos e as produtoras/es locais de Manzaneda”, explica o seu alcalde, Amable Fernández. Acto seguido os visitantes realizaron a pé a travesía dende a vila de Manzaneda ata a localidade das Ermidas (no veciño concello do Bolo).

No itinerario percorríanse os lugares de San Paio, Borruga, Alto A Cabeciña, Rebodepó e As Escadas ata atravesar o límite de Manzaneda co municipio do Bolo, para realizar unha visita guiada ao Santuario das As Ermidas. A xornada rematou cunha petiscada a base de produtos locais na cafetería Nevada de Manzaneda.

 

 

Ao día seguinte sábado 14 de outubro os visitantes continuaron percorrendo o territorio de Manzaneda, realizando parte “Roteiro dos Vales Glaciares”. Nun día moito máis apacible do inicialmente previsto, puideron gozar da beleza dos valores identitarios da montaña de Manzaneda.

Ademais, percorreron a serra de Queixa e diferentes aldeas e bens da arquitectura tradicional de montaña do concello de Chandrexa de Queixa.

 

 

“As medidas de promoción territorial a base da promoción e interpretación da amplitude e valor dos nosos recursos culturais, naturais; así como recoñecementos dos nosos produtos locais, son unha das medidas transversais para o recoñecemento de Manzaneda e Chandrexa de Queixa identidade do Macizo Central un territorio da montaña suroriental galega vivo”, tal e como destacan os alcaldes de Manzaneda, Amable Fernandez, e de Chandrexa de Queixa, Francisco Rodríguez.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button