ConcellosEn portadaÚltima hora

Esgotadas en horas as prazas das visitas turísticas á central hidroeléctrica de Santo Estevo

Nunha primeira proba piloto, estas visitas faranse os venres e sábados comprendidos entre o 17 de novembro e o 9 de decembro

Cedida.

 

As prazas habilitadas ás 14 h de onte, venres 10 de novembro, do programa “A caverna de Santo Estevo”, que se presentaba onte cunha visita inaugural á central hidraúlica de Santo Estevo, esgotáronse en poucas horas. Nunha primeira proba piloto, estas visitas guiadas faranse os venres e sábados comprendidos entre o 17 de novembro e o 9 de decembro. Esta iniciativa está promovida polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra en colaboración con Iberdrola.

“O interese é tal que no Consorcio de Turismo non deixamos de recibir solicitudes de información sobre as visitas e, de xeito insistente, a apertura de novas prazas. Como ben se explicaba onte na presentación, trátase dunha proba piloto que valoraremos ao seu remate, e que, se todo sae ben, poderán ter continuidade en 2024 nos termos que consensuemos coa compañía Iberdrola”, expican dende o Consorcio de Turismo da Ribeira.

Como explicaba durante a presentación o presidente do Consorcio de Turismo, Luis Fernández Guitián, “a apertura destas instalacións é algo que levamos pedindo dende hai moitos anos e é que estabamos convencidos de que existe moita curiosidade por coñecer as entrañas e o funcionamento destas infraestruturas e un perfil tamén con grandes inquedanzas na área do turismo industrial que ten en Ribeira Sacra un magnífico potencial”.

Do mesmo xeito, o director de xeración da conca do Sil de Iberdrola, o valdeorrés Miguel Ángel López, apuntaba que “notamos, e tamén se nos trasladou por parte do consorcio e de diferentes administración, que había un interese nun turismo industrial que podería complementar o turismo que existe á día de hoxe na Ribeira Sacra, asociado ao canón e ao tema vinícola, aos catamaráns… Un turismo vinculado á industria hidroeléctrica, que está aquí, que ten unha historia importante detrás e que, dalgún xeito, pode complementar un turismo de calidade que o que ao final intentamos todos que teña a Ribeira Sacra”.

Artigos relacionados

Back to top button