OurenseÚltima hora

O rei Felipe VI interésase polo proxecto “Ruagua”, do Consorcio de Augas de Valdeorras

Este proxecto foi un dos 3 gañadores, de entre 162 aspirantes de toda España, do Proxecto Demos de economía circular, dentro da Fundación Cotec, en comunidades rurais de menos de 5.000 habitantes

O rei Felipe VI coa alcaldesa da Rúa, María G. Albert, co deputado provincial José María Lago, e Javier Bobe, director técnico do Consorcio de Augas de Valderras./ Cedida.

 

O Pavillón de Convencións do Recinto Feiral da Casa de Campo (Madrid) acollía esta mañá a presentación do Anuario 2023 do Informe COTEC, presidida por S.M. el Rey Felipe VI, na que se coñeceron, entre outras, as tres propostas gañadoras do último Proxecto Demos de economía circular en comunidades rurais de menos de 5.000 habitantes. Un deses tres proxectos é “Ruagua”, do Consorcio de Augas de Valdeorras, o Centro Tecnolóxico da Auga (Cetaqua) e AquaOurense (empresa mixta formada pola Deputación de Ourense e Viaqua), sendo unha iniciatiava demostrativa de produción sostible e cogobernanza de auga rexenerada. Foi unha das tres propostas gañadoras de entre 162 aspirantes de toda España e obtivo unha dotación de 300.000 euros.

De feito, no seu discurso, Felipe VI sinalou que “España es un país extenso y diverso, y esta condición establece retos específicos: la demografía, la energía, las telecomunicaciones, el abastecimiento de agua, la logística… Pero, al mismo tiempo, es una tierra poblada de soluciones creativas. Y hoy hemos conocido de primera mano algunos buenos ejemplos. Ideas nacidas de personas y organizaciones que en muchos casos están a la espera de una oportunidad para darse a conocer, para demostrar y aumentar su valor. Así lo ha entendido Cotec y de ahí su empeño en seleccionar y respaldar iniciativas como las que hoy ha presentado. A Rúa, Bugedo, Cuevas del Becerro, Cervera del Río Alhama, Moraleja y Carrizosa son sólo seis de las muchas poblaciones alejadas de los polos tradicionales de innovación, en las que Cotec analiza y apoya proyectos”.

A esta presentación, que estivo presidida polo Xefe do Estado, acudiron, en representación da institución provincial, o deputado de Medio Ambiente, José María Lago, e o director técnico do Consorcio de Augas de Valdeorras, Javier Bobe. O Proxecto Demos recoñeceu ao Consorcio de Augas de Valdeorras, polo seu traballo na implantación dun sistema de produción sostible e cogobernanza de auga rexerada na EDAR da Rúa.

Precisamente, o obxectivo de “Ruagua” é garantir a dispoñibilidade de auga durante épocas de seca e reducir o estrés hídrico na contorna da Rúa. O proxecto conta cun enfoque circular baseado en tres eixos: xeración de auga rexenerada, uso de enerxía solar como fonte renovable e produción de compost a partir das augas residuais xeradas no contorno da EDAR. Máis aló da innovación tecnolóxica, é un proxecto fundamentalmente demostrativo da necesidade de fomentar un uso racional da auga, así como aumentar a resiliencia ante o cambio climático, poñendo en valor a posibilidade de aproveitar as augas residuais para a súa reutilización, coas debidas garantías sanitarias, para determinados usos.

Desenvolvemento sostible

O Proxecto DEMOS forma parte do Plan Allen da compañía IKEA -Membro Conselleiro de Cotec-. O Plan Allen é unha iniciativa de IKEA para contribuír á recuperación da economía e a sociedade española. O seu principal obxectivo é crear emprego e promover a xeración dun desenvolvemento sostible. O Plan Allen desenvolverase entre 2022 e 2025. Ademais de Cotec, forman parte do Plan Allen outras tres entidades: WWF, FADEMUR/FADEMUR e ASHOKA.

Artigos relacionados

Back to top button