OurenseÚltima hora

La Molinera aprenderá aos máis pequenos a construír a cidade do futuro a través de Minecraft

O programa chámase “Arkimakers” e está pensado para que os cativos desenvolvan a súa creatividade e aprendan sobre desenvolvemento sostible
O programa está dirixido para nenos e nenas de 8 a 10 anos.

O Centro de Coñecemento La Molinera porá en marcha, a partires do 15 de febreiro, un programa educativo para a concienciación sobre o uso racional da auga denominado “Arkimakers”. Baixo o patrocinio de Viaqua, os rapaces ourensáns de 8 a 10 anos poderán aprender a deseñar a súa cidade do futuro no xogo de ordenador “Minecraft”. Segundo o concelleiro de Proxección Económica, Jorge Pumar, asegurou que a auga “será o principal hilo condutor” e nel inculcaranse valores como a sustentabilidade a educación ambiental.

O programa celebrarase todos os mércores e durará dez semanas. Asemade, estará dividido en tres fases e cada unha delas acollerá un total de 20 a 22 alumnos. Unha vez conclúan todas as fases, farase un campamento en Nadal no que se desenvolverá todo o aprendido durante o ano.

O director da Molinera, César Pichel, manifestou estar moi contento ante este proxecto. Segundo comentou este experto, “levamos moito tempo usando os xogos para a aprendizaxe e descubrimos que os nenos teñen moita creatividade para desenvolver espazos”. Pichel reiterou que os nenos “están agora na idade da creatividade, entón queremos que exploren diferentes mundos”. A metodoloxía de aprendizaxe que empregarán será a de “Crear para pensar”, é dicir, traballarán sobre proxectos. “Cada un dos equipos terá claro que o seu reto é facer unha cidade”, asegurou César Pichel.

Julio Maside, presidente de Viaqua, este proxecto é moi importante “para pór en valor a xestión dun servizo público como é a auga, e ademais facelo dende dous vectores que para nós son fundamentais: o educativo e o desenvolvemento sostible”.

Finalmente, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, reiterou que “calquera programa orientado a concienciar aos pequenos sobre o consumo responsable ten e vai ter o apoio do Concello”. Ao mesmo tempo recalcou que “a través dos recursos educativos que ofrece o programa Minecraft, os pequenos aprenderan a soñar, crear e construír as cidades do futuro”.

O prazo de inscrición está xa aberto a través da web lamolinera.net e os alumnos serán aceptados por orde de inscrición.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button