SanidadeÚltima hora

Máis de 2.000 pacientes vulnerables atendidos a domicilio na provincia polos novos equipos de soporte

No caso de Valdeorras eran 180 as persoas valoradas polo equipo ESAD desta comarca, con 140 con dependencia severa

Atención a domicilio dunha paciente polo ESAD de Xinzo de Limia./ Cedida.

 

Os novos Equipos de Soporte de Atención a Domicilio (ESAD) atenderon, nos seus seis primeiros meses de funcionamento, a máis de dous mil pacientes na Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras, a maioría son persoas inmobilizadas , o 74%, con grandes dificultades para desprazarse aos seus centros de saúde, cunha media de idade próxima aos 90 anos, mais da metade mulleres e cun grado de dependenza total, segundo os datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade.

Das 2.145 persoas atendidas polos ESAD, o 74% (1.589) xa estaban incluídas no rexistro de pacientes inmobilizados. O perfil deste colectivo é dun 70% de mulleres, cunha idade media próxima aos 90 anos, oscilando entre os 86 e os 92. Máis da maioría, o 52%, cun grao de dependenza total.

No caso de Valdeorras eran 180 as persoas valoradas polo equipo ESAD desta comarca, con 140 con dependencia severa. Deles o 25% está en risco alto de complicacións derivadas da inmobilidade.

A traxectoria dos sete equipos creados en Ourense, a finais de decembro no marco do Plan de Acción de Atención Primaria e Comunitaria 2022-2023, coa contratación de 14 profesionais de Enfermería dotados de vehículo para os desprazamentos, cumpre así as expectativas da súa posta en marcha, cunha previsión inicial de dar soporte asistencial a unha poboación estimada de 2.200 persoas, en coordinación co persoal dos centros de saúde.

Dar resposta ás necesidades socio-sanitarias

“A función principal das 14 profesionais de enfermería vai máis aló da propia visita, xa que realizan unha valoración integral dos pacientes, revisando a súa historía clínica e medicación, e detectando novas necesidades, tanto dos que viven nos seus domicilios, ou dos seus achegados, como dos residentes en centros sociosanitarios, que non dispoñen de persoal médico nin de enfermaría propios”, segundo se explica dende a área sanitaria ourensá.

Nesta avaliación identifícanse as necesidades dos pacientes, para valorar, conxuntamente co equipo de Atención Primaria responsable, as medidas a tomar, desde reevaluar tratamentos, a solicitar equipamento de apoio como cadeiras ou andadores, ou propoñer alternativas por parte do persoal médico, de enfermería, farmacia ou traballo social.

O persoal dos sete equipos de Ourense tamén rexistran o seu grao de dependencia, e colaboran coa familia nos trámites precisos, contrastando a existencia de coidador responsable, o estado da súa cartilla de vacinación, e o seu grao de adherencia á medicación, promovendo tamén os autocoidados e educando en saúde, sempre no marco da mellora da seguridade do paciente.

A actividade asistencial é moi variable en función do número e características da poboación atendida, destacando por riba do conxunto da provincia o volume de pacientes atendidos polos equipos dos Servizos de Atención Primaria de Xinzo de Limia, O Carballiño, Verín e Celanova.

35 equipos en toda Galicia

Precisamente a directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, Sofía López Linares subliñou estes días, na súa resposta parlamentaria na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego, o altísimo volume de consultas realizadas polos 35 equipos de soporte de atención domiciliaria (ESAD) desde a súa posta en marcha: 32.976 consultas

Enmarcada no Plan de Acción de Atención Primaria y Comunitaria 2022-2023, a creación de 35 novos equipos, formados por 70 profesionais de enfermaría, supuxo a ampliación da carteira de servizos do Sergas en atención primaria.

Os equipos foron ampliando os perfís de pacientes atendidos desde a posta en marcha do servizo, como pacientes inmobilizados sen valorar nos seis meses anteriores por atención primaria; pacientes crónicos complexos; maiores de 75 anos, con pluripatoloxía e polimedicados, con algún ingreso hospitalario nos últimos 6 meses para chegar a todos os pacientes con pluripatoloxía, sen límite de idade.

Artigos relacionados

Back to top button