DeportesÚltima hora

Medicións para homologar o circuíto da Milla do Barco, incluída no calendario nacional

Esta mañá un medidor especialista da Real Federación Española de Atletismo percorría o trazado, acompañado por membros da Delegación Valdeorresa da FGA

 

A primeira hora desta mañá de domingo, 13 de agosto, comezaban as medicións e o proceso para homologar os 1.609,30 metros do circuíto da Milla Urbana do Barco, unha proba do calendario nacional da Real Federación Española de Atletismo (RFEA) cuxa 35ª se celebrará o vindeiro 17 de setembro no marco das Festas do Cristo.

A homologación é un certificado que unicamente emite a RFEA e que garante que unha carreira mide de forma exacta unha determinada distancia. Esta homologación debe renovarse cada 7 anos e ese proceso era o que se levaba a cabo esta mañá no caso da milla barquense. Ter unha carreira homologada é importante porque as marcas que se fagan nela “son oficiais, é dicir, son equiparables a millas doutros lugares porque se garante a igualdade exacta na distancia, e ademaisentran no ranking oficial de marcas e no récord de España”, explicaba Jorge Blanco, xuíz nacional de atletismo de nivel 3 e especialista en medicións (co grao A da World Athletics) ao pé de circuíto da Milla.

 

Jorge Blanco calibrando a bicleta./ Foto cedida.

 

A medición do circuíto realízase cunha bicicleta calibrada, que leva acoplado un contador á roda dianteira, que é a que mide. Este contador, matiza Blanco, non mide distancias senón “números, divide a roda en 32 partes, e que aporta unha serie de números que avanzan consecutivamente pero que non se corresponden con ningunha unidade de medida, senón con proporcións de lonxitude da circunferencia desa roda. Para saber a que distancia equivale exactamente esa medición antes hai que calibrar a bicicleta. Que era precisamente co que comezaba o proceso e facíase na recta de acceso ao Barco, na zona coñecida popularmente como “de Cedie”.

 

Foto cedida.

 

Nesa recta “calibramos ao milímetro 300 m, en liña recta e en chairo”. E a partir desa calibración comezaba a medición do circuíto da Milla. O resultado dos cálculos daba unha pequena variación, de tan só 29 m, sobre o homolagado anteriormente. Eses 29 cm correxíanse modificando levamente o punto de saída da proba.

 

Foto: A.R.

 

Neste proceso Jorge Blanco estaba acompañado por representantes da Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo e tamén do Club Adas Cupa.

Fotos: A.R., agás a primeira da galería que é cedida.

 

 

O especialista en medicións no circuíto da MIlla do Barco./ Cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button