Unha vez máis o padexeiro valdeorrés Raúl Prada Pérez (Club Piragüismo Verducido-Pontillón) vén de demostrar o seu talento deportivo. Por segunda vez en xullo subíase ao podio neste sábado nun nacional. Así, neste 31 de xullo competía en K-4 xuvenil (unha categoría superior á súa, a cadete) no Campionato de España de velocidade que se celebraba en Verducido (Pontevedra).
O seu barco (do que ademais do barquense formaban parte Mauro Domínguez, Anxo García e David Pazos) facíase co ouro ao completar os 1.000 metros da final A nun tempo de 3:12.809, impoñéndose con claridade ao K-4 do Club P. Iuxtanam Mérida, que entraba segundo cun tempo de 3:13.920.
Este é o cuarto ouro que logra Raúl Prada no que en K-4 nesta tempada, tras o da Copa España 1.000, o Campeonato galego 1.000, o Campeonato de España cadete. Parabéns.