OurenseÚltima hora

O colexio Divina Pastora de Ourense asume un rol activo na prevención do vandalismo

Os Ecovixiantes continúan clasificando tapóns solidarios e recollendo pilas usadas

 

Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense continuan o seu incansable coidado da Casa Común, desenvolvendo hábitos de vida saudable coa l Semana da Froita e a illa de reciclaxe, onde xa loce o contedor marrón de biorresiduos.

Tamén continúan cos tapóns solidarios que levarán a Xinzo de Limia e coa V liga escolar de recollida de pilas usadas Pilabot. Esstán no ecuador da campaña rozando xa os 2.000 kg.

“Son pequenos xestos que se inculcan entre a mocidade”, asegura Gonzalo Sánchez, profesor do colexio Divina Pastora de Ourense, onde asumen un rol activo na prevención do vandalismo, a través da campaña #SenVandalismo, unha iniciativa de Aprendizaxe e Servizo (ApS), promovida por APES en colaboración coa Fundación Barrié, onde participan profesores, familias e alumnado de 6º de Educación Primaria e 1º da ESO.

 

 

As actividades que conforman o proxecto divídense en dous bloques ou fases: inicialmente o alumnado nútrese de coñecementos a través da investigación e a reflexión sobre as causas e as consecuencias do vandalismo para, posteriormente, empregar o aprendido na execución dun servizo á comunidade.

Un obxectivo que persegue #SenVandalismo é sensibilizar e concienciar á sociedade das consecuencias sociais e económicas que xera o vandalismo e, en definitiva, contribuír a reducir o custo económico para os concellos de todas as reparacións que provocan os actos vandálicos, establecendo alianzas con entidades e institucións da súa comunidade.

Actualmente os alumnos e alumnas do colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense atópanse na fase final do proxecto, onde levarán a cabo unha campaña de sensibilización nas rúas máis céntricas Ourense, ofrecendo aos viandantes información e normas a seguir coa fin de conservar e respetar o patrimonio da nosa cidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button