SanidadeÚltima hora

O concurso de decoración de Nadal enche de vida as paredes dos hospitais da provincia

 

Máis de trinta servizos, unidades, bloques cirúrxicos, centros de saúde ou áreas de consultas dos tres hospitais de Ourense, Verín e Valdeorras participaron este ano na cuarta edición do Concurso de Decoración de Nadal da Área Sanitaria, iniciativa se iniciou coa pandemia para agradecer os esforzos do persoal por humanizar os espazos en datas tan complexas, e que neste intre xa é unha realidade consolidada ao participar gran cantidad de persoal sanitario e non sanitario de todos os centros da área.

Todas as propostas de decoración foron avaliadas na semana pasada por un xurado composto por representantes das asociacións de pacientes da área sanitaria que debían valorar a temática do espazo decorado, a orixinalidade e creatividade, a autenticidade do decorado e por último o emprego, reutilización e reciclaxe do material empregado na súa elaboración.

A entrega de galardóns comezó este ano por Valdeorras, onde participaron fermosas propostas para facer máis amables todos os espazos do hospital e nesta ocasión gañou o Servizo de Rehabilitación seguido do Servizo de Reanimación e coa unidade Azul de hospitalización en terceiro lugar.

No Hospital Universitario de Ourense hoxe martes foi o momento da entrega de recoñecementos coa visita ás sete unidades premiadas: 3 no novo edificio de hospitalización, 2 no edificio cirúrxico, 2 no Hospital Santa María Nai e 1 do Hospital de Piñor.

O xurado, que contou coa presenza de representantes das asociacións de pacientes Anedia, AFAOR e Fibromialxia visitaron e avaliaron, o venres da semana pasada, todos os espazos das vinte e dous propostas presentadas, resultando premiados a Unidade de Hospitalización 3ª Norte (Traumatoloxía e Cirurxía Vascular), co primeiro premio, a Unidade de Hospitalización 7ª Sur (Hematoloxía) co segundo, e o Servizo de Farmacia como terceiro clasificado.

Os traballos recoñecidos con mención especial son “Á mellor produción audiovisual”, para o Servizo de Urxencias; “Á decoración máis enxebre e colaborativa”, para o Hospital de Día de Saúde Mental; “Á árbore de Nadal máis orixinal” para os equipos de vacinación ; “Aos renos cantores”, para o Servizo de Rehabilitación do Hospital de Piñor; “Á decoración máis educativa”, para a Unidade de Educación Terapéutica do Servizo de Endocrinoloxía.

Tendo en conta a gran variabilidade dos equipos, desde unidades con catro profesionais a servizos con máis dun centenar, plantas de hospitalización, consultas… o xurado destacou cunha “Mención Especial” a algúns dos participantes, pola orixinalidade, deseño dalgunha das pezas, a composición dos elementos decorativos, ou polo valor do traballo en equipo, vinculación cos pacientes ou coa comunidade. Todos eles terán unha sorpresa para desfrutar xuntos, grazas a colaboración da cafetería “Apetéceme”.

Tamén cómpre subliñar que nalgúns casos a decoración integrouse no traballo terapéutIco cos pacientes como pode ser no Hospital de Día de Saúde Mental e na Unidade de Agudos de Psiquiatría, que traballaron xunto ao persoal sanitario e non sanitario das respectivas unidades as manualidades e os múltiples adornos que embeleceron os seus espazos de convivencia durante estas festas de nadal.

Artigos relacionados

Back to top button