CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O Divina Pastora do Barco entre os colexios que participan este ano no programa ‘MeteoEscolas’

Exterior do Colexio Divina Pastora do Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Xunta vén de poñer en marcha unha nova edición do programa educativo ‘MeteoEscolas’ coa participación de 42 centros educativos galegos e 480 profesoras e profesores. En canto ao alumnado, este curso 2023-2024 adquirirán coñecementos relacionados coa meteoroloxía no marco deste plan máis de 7.300 estudantes, unha cifra un 20% superior á media rexistrada desde a creación desta iniciativa formativa no curso 2012-2013.

O persoal de MeteoGalicia ofreceu recentemente unha charla informativa para o profesorado co fin de trasladar, ademais dos obxectivos xerais do programa, a metodoloxía de traballo, que consiste na observación meteorolóxica e a inserción de datos en plataformas meteorolóxicas. Estas tarefas, a base do proxecto, acompañadas por outras iniciativas que propoñen os centros relacionadas coa materia, poden abarcar distintas áreas de coñecemento e os datos recollidos poden ser utilizados polos investigadores galegos para mellorar o coñecemento do clima da comunidade.

 

 

Na edición 2023-2024 participan un total de 480 profesores e 7.302 alumnos de 42 centros de ensino, 5 da de Ourense. Do total, 17 centros súmanse a esta iniciativa educativa, polo que nesta xornada tamén se lles fixo entrega do equipamento para medir variables meteorolóxicas, como un pluviómetro e un termómetro por centro. É o caso do Colexio Plurilingüe Divina Pastora do Barco de Valdeorras que participa por primeira vez.

MeteoEscolas é un dos programas recollidos no Plan Proxecta+, unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades na que colaboran diferentes organismos e está pensada para fomentar a innovación educativa nos centros así como potenciar o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial.

Artigos relacionados

Back to top button