CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

O exitoso Concerto de Primavera do Orfeón Valdeorrés reúne a tres coros no TLO do Barco

 

Rodeado de amigos celebraba o Orfeón Valdeorrés o seu Concerto de Primavera na tarde  deste sábado 27 de abril. Sobre o escenario do Teatro Lauro Olmo, co Orfeón de Castrillón (Asturias) e coa Coral Polifónica San Roque de Vigo. E no patio de butacas, un numeroso e entregado público que aplaudía cada actuación.

 

 

Os anfitrións, dirixidos por José Ramón Mansilla, eran os primeiros en actuar trala benvida por parte da presidenta, Luisa Álvarez, interpretando tres temas: Adiós, lucero de mis noches (J. Trayter), Ruada de Chamosa (Julio Domínguez) e Te digo adiós, amor, y no estoy triste (Javier Busto).

 

 

De seguido subíase ao escenario o Orfeón de Castrillón, formado por 28 voces mixtas e dirixido por Martín Martínez Bastián, que interpretaron sete temas: O Jesu Christe (J. Van Berchem), Prado verde y florido (F. Guerrero), Caminad Señora (A. Barja), Si la nieve resbala (J. Domínguez), Esta Tierra (J. Busto), Habladme del mar (A. Barja) e unha extra coa que agasallaban ao público.

 

 

A última en subir ao escenario era a Coral Polifónica San Roque de Vigo, formada por 58 voces mixtas e dirixida por Rafael Pérez Dopéso que interpretearon seis temas máis: La bella Lola (Ar. Rafael P. Dopéso), Viento del norte (Hermanos Agüero), Adiós ríos, adiós fontes (Letra: Rosalía de Castro-Ar. Ángel Viro), Cançao do mar (Dulce Pontes e F. de Brito), El león dormirá (Linda Cambell) e Sementeira (Fuxan os ventos).

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button