OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes de Franciscanas celebran o Día dos Océanos cun torneo de recollida de cabichas

 

A cabicha de cigarro representa a maior contaminación dos océanos, sendo ademais o desperdicio máis común na natureza. “Cada segundo lánzanse ao océano non menos de 137.000 cabichas de cigarros, isto equivale a 3.340 paquetes de cigarros. Case o 40% aterrará no mar Mediterráneo, en particular debido ás correntes mariñas”, explica Gonzalo ‘Lalo’ Sánchez Busóns, profesor en Franciscanas de Ourense.

E precisamente por iso, os Ecovixiantes, acompañados por Lalo e Cristina decidían celebrar o Día dos Océanos, 8 de xuño, co I Torneo de Recollida de cabichas no Parque de San Lázaro en Ourense. “Trátase dunha actividade de concienciación, porque aínda que na cidade non temos mar, se temos sumidoiros, onde a final de contas, é onde comeza”, puntualiza Lalo.

 

 

André obtivo o primeiro posto, seguido exaequo por Candela e Lucía, aínda que os trece participantes conseguiron moitísimas cabichas.

A pesar da crecente conciencia da loita contra os residuos que se lanzan ao medio ambiente, a cabicha segue presente en case todos os lugares que nos rodean. “Un traseiro é difícil de degradar, a partir dun período de entre 12 e 15 anos. Contén non menos de 4000 substancias tóxicas. Entre estes, hai entre 100 e 250 que son canceríxenos e altamente daniños para o medio ambiente e o ecosistema mariño. Podemos citar: pesticidas, nicotina, fenol, alcatrán, metais pesados, arsénico, etc”, explica Lalo, lembrando que “unha cabicha de cigarro pode contaminar ata 500 litros de auga cando se mergulla no mar”.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button