SanidadeÚltima hora

Os otorrinolaringólogos ourensáns realizan ao ano máis de 200 procedementos de extracción de corpos estranos no nariz, oído e gorxa

Neste 3 de febreiro estes especialistas celebran ao seu patrón, San Blas

 

Neste sábado 3 de febreiro conmemórase o Día da Otorrinolaringoloxía, coincidindo coa celebración de San Blas, médico e bispo armenio do século IV ao que se lle atribúe a curación dun neno que se estaba afogando cunha espiña de peixe. Más 1700 anos despois, os especialistas de oído e garganta continúan realizando este labor imprescindible que moitas veces salva a vidas, e que é moito máis frecuente do que se podería pensar.

No Servizo de OTRL aténdense unha media de 15 casos mensuais de extracción de corpos estranos. Sen contar os que se atenden en primaria ou urxencias. Celia Lendoiro, xefa do servizo de Otorrinolaringoloxía explica que “en adultos os máis frecuentes son as espiñas e ósos, mentres que en nenos adoitan ser frecuentes corpos estraños nasais e nos oídos”.

A doutora Lendoiro advirte de que “os máis perigosos en nenos son os atragoamentos que poidan obstruír a vía aérea como froitos secos, pequenos xoguetes, e, por suposto, son especialmente perigosos a inxesta de pilas e baterías”.

Con 174 ingresos anuais, 442 intervencións, 20. 649 consultas e máis de 30.000 diferentes probas diagnósticas anuais, só en 2023, a extracción de corpos estranos (segundo os datos a área sanitaria ourensá) é unha pequena parte da súa actividade, pero segue a estar presente séculos despois.

Artigos relacionados

Back to top button