Un gran médico, un gran investigador, un gran docente e “sobre todo, unha gran persoa”. Son algúns dos calificativos cos que o conselleiro de Sanidade en funcións, Jesús Vázquez Almuiña, loaba ao doutor Miguel Blanco González. Facíao na homenaxe que se celebraba no mediodía do 1 de outubro no Centro de Saúde de Petín. Un acto no que amigos, familiares, compañeiros e veciños do xove neurólogo falecido de forma repentina hai un ano, asistían ao descubrimento dunha placa na súa memoria.
O titular da carteira sanitaria do Executivo galego remarcou a brillante traxectorial profesional de Miguel Blanco, do que destacou valores como “o esforzo, a dedicación, a paciencia, a perseverancia e o compañerismo, ben equilibrados coa súa humildade”, engandindo que foi unha referencia para os seus compañeiros, unha guía para os seus alumnos, un líder para o seu equipo de investigación e un médico cercano, amable e atento para os seus pacientes. Discípulo do doutor José Castillo, era considerado un dos facultativos de máis futuro no ámbito da neurociencia.
O doutor José Castillo foi un dos que interviu no acto, así como o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, o alcalde do concello de Petín, Miguel Bautista que abría o turno de intervencións, e a viúva do doutor Blanco, Susana Bembibre que era quen o pechaba, antes de descubrir xunto ao seu fillo, Eduardo, a placa no interior do Centro de Saúde.
O acto remataba cunha pinchada para todos os asistentes, entre eles o presidente da FEGAMP e alcalde do Barco, o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, o xerente do Sergas, a xerente da Xestión Integrada de Ouerense, Verín e O Barco de Valdeorras, o xerente de Xestión Integrada de Santiago, a alcaldesa da Rúa, o vicedecano da Falcultade de Medicina de Santiago e xefe do Servizo de Neuroloxía do CHUS.
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella.