En portadaÚltima hora

Prácticas de olivicultura na Rúa, nun curso que se desenvolve na UNED Valdeorras

Está sendo impartido por José Espinosa e nesta parte práctica conta co apoio de Vicente Parra

 

Na Rúa desenvolvíase o 17 de decembro, a partir das 10h.,  a primeira das sesións prácticas do “Curso de Introdución á Olivicultura”, que se vén impartindo desde o pasado de outubro desde a Aula da Rúa de Valdeorras do Centro Asociado da UNED de Ourense, enmarcado como actividade de extensión universitaria. A sesión tiña lugar nas inmediacións deste centro coa asistencia d unha trintena de alumnos (tanto da quenda presencial como da modaliidad a distancia), “quedando pantente o seu interese e asimilación de contidos que permite constatar a importancia que, para o sector ten o desenvolvemento con rigor destas actividades”, segundo os promotores da iniciativa.

Na comarca de Valdeorras e a súa área de influencia, a actividade olivícola emerxente require de coñecementos e estratexias de observación que permitan conducir, de maneira espontánea, a explotación en aras á rentabilidade e sostibilidade no tempo, polo que o curso comprende o desenvolvemento en campo de sesións prácticas, segundo explica a organización.

 

 

Con este curso preténdese o achegamento de metodoloxías conducentes á determinación de forma obxectiva e repetible de diversos parámetros que permitan a valoración do oliveiral e da explotación na liña delas sesións teóricas. O profesor e investigador José Espinosa, presidente de AMIAQUIGAL, vén impartindo este curso que se complementaba na pasada fin de semana con esta sesión, na que contaba coa colaboración de Vicente Parra como experto e práctico en poda de oliveiras.

A xornada completouse coa determinación estadimétrica dorumbo e pendente de puntos dunha parcela, co uso do sextante para determinación de alturas de árbores e construcións e con varias observacións de estados de maduración de olivas, recoñecemento de posibles ramas de floración e localización de puntos do árbore recomendables para mostraxe foliar e estimación de índices de maduración.

 

 

“Orientado a quen teña interese no sector, xa sexa como produtor, como consumidor, como estudante… trátase de dotar aos participantes dos sinais sensoriais que permitan establecer e describir obxectivamente aspectos da actividade olivícola, aspectos descritivos do terreo, caracteres varietais, observacións sensoriais de valor diagnóstico de oliva e aceite, todo o cal debe servir para tomar decisións que conduzan ao desenvolvemento exitoso da actividade, decisións sobre actuacións directas e decisións sobre a selección discrecional de intervencións técnicas profesionais cualificadas pertinentes”, explica José Espinosa.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button