ConcellosÚltima hora

Representantes políticos e sociais, xunto a traballadores, piden a continuidade da mina de Penouta (Viana do Bolo)

O TSXG decretaba hai uns días a paralización cautelar desta explotación "ante os graves impactos que ten sobre o espazo protexido de Pena Trevinca"

 

Co fin de pedir que se manteña a actividade extractiva na mina de Penouta (Viana do Bolo), que explota a empresa Strategics Minerals Europa, reuníanse esta mañá de luns no salón de actos do Concello vianés os alcaldes de Viana do Bolo, Andrés Montesinos, de Vilariño de Conso, Melisa Macía, e da Veiga, Juan Anta, así como representantes doutras entidades ligadas ao sector mineiro, sindicatos e traballadoresa. Facíano nunha rolda de prensa na que manfiestaban a importancia económica desta mina “como motor económico de Viana e a súa comarca”, tendo en conta que xera 129 empregos.

Facían estas declaracións despois de facerse público a mediados deste mes de outubro que a Sala do contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) decretaba a paralización cautelar da explotación mineira da Penouta (Viana do Bolo) “ante os graves impactos que ten a mina sobre o espazo protexido de Pena Trevinca, Rede Natura 2000”. Para Ecoloxistas en Acción “este é un primeiro paso cara a anulación da autorización da mina de niobio e tantalio da Penouta, propiedade da canadense Strategic Minerals. A pesar das advertencias e alegacións de da organización ecoloxistas, a Xunta de Galicia ditou en marzo de 2022 unha Declaración de Impacto Ambiental favorable que permitiu á empresa iniciar a explotación a ceo aberto, incrementando os impactos ambientais sen que se avaliaran adecuadamente a afección á Rede Natura 2000, hidroloxía e vivendas próximas na aldea da Penouta”, explica esta organización ecolóxica, que agora pide que “a Xunta respecte a decisión xudicial e ordee a paralización inmediata da actividade mineira en cumprimento do auto”.

A organización ecoloxista está satisfeita coa decisión xudicial e lembra que “desde 2018 a Confederación Hidrográfica Miño-Sil iniciou varios expedientes sancionadores contra a mina por denuncias do servizo municipal de augas, da poboación afectada e tamén dos ecoloxista. Expedientes sancionadores que foron apreciados polo Tribunal á hora de ditar o auto de medidas cautelares, xa que este longo historial de sancións por verteduras demostra o xeito de operar da minería”.

Pouco despois, a empresa Strategic Minerals emitía un comunicado aos medios asegurando que discrepaba “absolutamente da decisión do TSXG de paralizar as súas actividades e anunciando que estaba a “explorar todas as vías legais dispoñibles para reverter esta decisión e acelerar o restablecemento do permiso da sección C. Un proxecto plenamente aprobado, en funcionamento e sometido a exposición pública con todos os informes favorables non pode ser paralizado”.

Esta mañá a compañía canadense recibía o respaldo de representantes políticos e sectorais nunha comparecencia ante os medios. No acto o presidente de Strategic Minerals, Miguel de Cámpaa, sinalou que as “repercusións do peche cautelar en termos de imaxe e seguridade xurídica para Galicia e España son moi relevantes, ante a paralización de investimentos, mesmo estranxeiras, que pode xerar esta decisión”. E indicía en que se trata da única mina “en produción de tantalio e niobio de Europa”.

Strategic Minerals incidía e que se seguen explorando “odas as vías legais dispoñibles para reverter a decisión do TSXG e acelerar o restablecemento do permiso da sección C. Así mesmo manifesta o seu apoio “ás mobilizacións previstas para os próximos días para esixir a continuidade da actividade en Penouta. A primeira delas terá lugar mañá martes, 31 de outubro, ás 12:00 horas, no municipio de Viana do Bolo”.

Ademais a compañía agradece todo o apoio recibido tanto das institucións. dos traballadores e das súas familias, tras coñecer a decisión do TSXG e quere trasladar o seu compromiso co Proxecto Penouta. Strategic Minerals confíaa en que o Tribunal, unha vez avaliado os elementos esenciais, ambientais e sociais e o impacto que suporía a suspensión da actividade mineira na contorna, reconsidere a súa decisión.

Rueda: “A Xunta vai recorrer a paralización cautelar da mina de Penouta”

Sobre a situación da mina de Penouta tamén se manifestaba esta mañá na súa visita a Valdeorras o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. “Hai que acatar as decisións xudiciais, aínda que non esteamos de acordo, pero tamén temos dereito a defendernos cos resortes que a propia xustiza nos dá”, dicía o titular do Goberno galego, adiantando tamén que “a Xunta vai recorrer esa paralización cautelar. Paralízase cautelarmente porque se di que non se está de acordo con informes da propia Xunta de Galicia que foron os que lle deron viabilidade dende o punto de vista medioambiental e todas as consideracións necesarias a unha explotación que, en opinión da Xunta, era viable porque preservaba todos os valores ambientais que son necesarios e ineludibles. Se agora nos din que non, nós imos defender que os nosos pronunciamentos eran correctos e, na nosa opinión, ségueno sendo”.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button