CulturaCulturaÚltima horaVídeos

“Tierra sin aire” é “a historia duns extraordinarios valdeorreses que escribiron páxinas de ouro en América”

Deste xeito presentaba o xornalista veigués Santiago Palmeiro o seu novo libro no Casino do Barco

 

O xornalista Santiago Palmeiro, natural de Santa Cristina (A Veiga), reencontrábase con Valdeorras na tarde deste 28 de xullo. Presentaba no Casino do Barco seu libro “Tierra sin aire”, nun salón cheo de público. “Teño tres sentimentos encontrados”, confesaba o escritor tras ser presentado polo presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses, Aurelio Blanco, “un de agradecemento ao IEV”, outro de responsabilidade e un terceiro de alegría “por volver a esta comarca na que pasei unha etapa marabillosa da miña vida, moi enriquecedora e inesquecible para min. E froito dela xurdiron algunhas das ideas dos meus libros, como é o caso de “La marca de agua” ou deste que hoxe presento, que é continuidade esa etapa”.

 

 

A partir de aí adentrábase no relato recollido en “Tierra sin aire”, que presentaba como “a historia duns extraordinarios valdeorreses que conquistaron América e escribiron páxinas de ouro ao outro lado do Atlántico, páxinas gloriosas da historia daquel continente e tamén de Valdeorras, porque eles eran de aquí”. Eses valdeorreses, nacidos na aldea da Alberguería (A Veiga), eran os irmáns Arias Carracedo, aos que ía presentando un a un.

 

 

O primeiro en emigrar era Agustín “Tinín”, que en 1903 establecíase en Perú, concretamente na zona mineira de Cerro del Paso, onde se convertiu nun influente e poderoso empresario dos sector mineiro. Logo referíase á Pedro, que se estableceu en Ecuador e “deseñou as primeiras e máis importantes estradas do país”. O terceiro irmán emigrado era Gerardo, que tamén fixou a súa residencia en Cerro del Paso e se dedicou á minería. E había unha terceira irmá, Margarita, que sempre permaneceu en Valdeorras.

 

 

O novo libro de Palmeiro aborda a vida desta familia que chegou a ser das máis adiñeiradas e con máis poder politico e social daquel continente e cuxa historia o xornalista achega aos lectores.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button