OurenseÚltima hora

Visita institucional á planta de enerxía renovable do Grupo Coren

A primeira planta térmica de Galicia que emprega como combustible residuos avícolas
Autoridades e responsables do Grupo Coren diante da planta en Ourense.
Autoridades e responsables do Grupo Coren diante da planta en Ourense.

A Estratexia integral da biomasa 2014-2020 está a impulsar a consolidación do sector enerxético galego e a valorizar os residuos forestais e gandeiros. Así o aseguraba o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo, Durante a presentación da nova planta de enerxía renovable do Grupo Coren en Ourense, á que asistíu acompañado polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde,.

No acto, que tiña lugar na mañá do 5 de abril Feijóo lembrou tamén que a Xunta está a apoiar a implantación de caldeiras de biomasa en domicilios, empresas e edificios administrativos, cunhas liñas de axudas que suman xa 30 millóns de euros. “Grazas ao apoio da Xunta, entre 2016 e 2020 instalaranse en Galicia 3.000 caldeiras de biomasa; e, estamos certificando coa marca Galicia Calidade a materia prima que provén dos bosques galegos”.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante a visita.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante a visita.

Co respecto á nova planta de enerxía renovable do Grupo Coren o presidente da Xunta asegurou que “é un exemplo de que a innovación e a colaboración público-privada poden conxugar o crecemento económico coa conservación do medio ambiente. Grazas ao compromiso de Coren, de Energylab e do Inega, poñemos á disposición a primeira planta térmica de Galicia que emprega como combustible residuos avícolas”, dixo, ao que engadiu que esta planta cobre o 60% das necesidades térmicas do gran complexo de transformación que Coren ten en Santa Cruz de Arrabaldo; “é dicir, a mesma enerxía que consumirían ao ano 5.500 vivendas”.

Feijóo salientou que “con esta planta se producirá unha enerxía que permitirá aforrar diñeiro sobre a enerxía tradicional” e evitarase a emisión á atmosfera de máis de 5.400 toneladas de CO2 ao ano. “En definitiva, con esta planta térmica demóstrase que os residuos agrícolas, forestais e gandeiros teñen valor como combustible, que o autoabastecemento enerxético con combustibles autóctonos é posible e que en Galicia hai espazo para empresas que propoñan solucións biolóxicas e tecnolóxicas para os residuos”, engadiu.

Artigos relacionados

Back to top button