OurenseÚltima hora

As sesións formativas do programa ‘Recíclate con Sogama’ arrancan no CPR Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

 

Na mañá deste luns 16 de xaneiro, arrincana no CPR Plurilingüe Divina Pastora-MM Franciscanas de Ourense, as xornadas formativas presenciais enmarcadas no programa educativo “Recíclate con Sogama” 2022-2023, que aglutina a participación dun total de 20 centros escolares de distintos puntos de Galicia.

O obxectivo desta iniciativa, canalizada a través do Plan Proxecta da Xunta de Galicia e en vigor desde o curso académico 2012-2013, é “promover a práctica diaria, por parte do alumnado e o profesorado, do principio europeo dos tres erres (Redución, Reutilización e Reciclaxe) como soporte básico na xestión sostible dos residuos urbanos”.

No transcurso das sesións explicativas, os educadores de Sogama proporcionan aos pequenos as claves para diminuír a produción de lixo a través dun consumo responsable, para alongar o uso dos produtos ata que acaben convertidos en refugallos e para separar estes últimos por tipoloxías, e depositalos no contedor correspondente, co fin de propiciar a súa reciclaxe e, polo tanto, a súa transformación en novos produtos. Desta forma contribúese ao aforro de enerxía e materias primas virxes.

 

 

Co apoio de diversos recursos divulgativos e lúdicos, os educadores dan a coñecer a gran problemática que representa a elevada produción de refugallos nas sociedades modernas, como reducir a súa xeración, cales son as bondades e beneficios que trae consigo un consumo consciente e responsable, e cales as posibilidades que se abren a través do máximo aproveitamento dos produtos e a súa conversión en novos materiais, unha vez esgotado a súa vida útil.

O foco de atención ponse na economía circular e a súa capacidade para reverter o proceso de deterioro ao que se está sometendo o planeta debido á presión humana. De aí que a acción máis urxente sexa precisamente a de abandonar o sistema caduco de economía lineal, definido polos perniciosos hábitos de extraer, consumir e desperdiciar, e avanzar cara a un circular na que os residuos se converten en recursos.

Ademais de asistir á charla, a semana comezaba para os Ecovixiantes de Franciscanas co luns de taponeo clasificando 175 kilogramos de tapóns solidarios que o profesor Gonzalo Sánchez levará ao punto de recollida na praza Carlos Casares de Xinzo de Limia. O traballo continuaba pola tarde depositando no contedor amarelo todos os envases lixeiros xerados no colexio.

 

Artigos relacionados

Back to top button